Ahura Mazda
| Biografía | |
|---|---|
| Período | Mitoloxía persa |
| Celebración | Zoroastrismo e mazdeísmo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Mitra, Tishtrya |
| Irmáns | Arimã |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ahura Mazda (en avéstico: Ahura Mazdā), chamado Ohrmazd ou Hormizd en persa medio e tamén coñecido tradicionalmente como Ormuz, é a divindade suprema do zoroastrismo.[1] O seu nome adoita interpretarse como «Señor Sabio» ou «Señor da Sabedoría», aínda que a análise exacta do termo Mazdā é discutida.[1]
Nas Gathas, atribuídas a Zaratustra (Zoroastro), Ahura Mazda aparece como creador e como garante de asha, principio de verdade, orde e xustiza. Na mitoloxía persa, antes do establecemento do zoroastrismo, Ahura Mazda era un dos principais deuses nativos. Hai moitas formas do seu nome.
Asociase a miúdo coa deusa Anahita, que aparece nominalmente xunto con Ahura Mazda. En época aqueménida tardía, Anahita aparece asociada a Ahura Mazda e Mitra (a partir de Artaxerxes II). Os reis aqueménidas atribuían a súa autoridade real principalmente a Ahura Mazda.
Zaratustra situouno no centro da súa doutrina relixiosa, transformando unha antiga divindade iraniana na divindade suprema da nova fe.[1] Por riba de todo, Ahura Mazda representa a Bondade perfecta, o completo oposto do Mal. Non permite o sufrimento aínda que estea a suceder debido á existencia do Mal. A visión que del tivo Zaratustra foi o punto de partida do zoroastrismo. A Enciclopedia Galega Universal describe igualmente a Ahura Mazda ou Ormazd como o deus supremo establecido por Zoroastro no mazdeísmo.[2]
Ahura Mazda e o mal
[editar | editar a fonte]A concepción da oposición entre o ben e o mal evolucionou ao longo da historia do zoroastrismo. Nas Gathas, Angra Mainyu é o espírito destrutor oposto a Spenta Mainyu, mentres que na tradición posterior, especialmente nos textos en lingua persa media, Ahrimán aparece directamente como o adversario de Ohrmazd.[3]
No seu aspecto principal, Ahura Mazda é a Sabedoría; non engana e non pode ser enganado xa que é a fonte da luz e de toda bondade. Ahura Mazda é o Pai e a Nai do Universo segundo a tradición zoroastriana tardía,[4][5] o creador eterno que puxo o sol, a lúa e as estrelas nos seus camiños. Na cosmoloxía zoroastriana posterior, Ohrmazd habita na luz pura e Ahrimán nas tebras.
Ohrmazd é eterno (é e será para sempre). Pero na era actual Ahura Mazda non é omnipotente porque se enfronta ao seu acérrimo inimigo, o espírito maligno; O mundo convértese no escenario dunha loita limitada no tempo entre ambos principios, que debe rematar coa derrota definitiva de Ahrimán e coa separación do ben e do mal.[6]
Culto e representación
[editar | editar a fonte]
No Avesta e noutras escrituras, Ahura Mazda descríbese en termos naturalistas (iso non significa que todos os zoroastrianos pensen nel dese xeito).
Leva un manto con estrelas.[8] Está representado polo sol -o seu ollo- e a luz. O seu trono está situado no ceo máis alto, no medio da luz celestial. Alí preside e é atendido por anxos.[9]
Ahura Mazda foi tamén a principal divindade invocada nas inscricións reais dos aqueménidas, especialmente nas de Darío I, quen atribuía a Ahura Mazda tanto a creación do mundo como a concesión da súa autoridade real.[1]
As representacións antropomórficas da divindade apareceron en épocas posteriores. Durante o Imperio sasánida, Ohrmazd foi representado en relevos relacionados coa investidura real.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "AHURA MAZDĀ". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-08-25.
- ↑ «Mazdeísmo», Enciclopedia Galega Universal, Xunta de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2026.
- ↑ "AHRIMAN". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-08-25.
- ↑ "MARRIAGE ii. NEXT OF KIN MARRIAGE IN ZOROASTRIANISM". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-08-25.
- ↑ O Bundahišn describe a Ohrmazd como pai e nai da creación, nai porque nutriu a creación no estado espiritual e pai porque a levou á existencia material.
- ↑ "COSMOGONY AND COSMOLOGY i. In Zoroastrianism/Mazdaism". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-08-24.
- ↑ "Taq-i Bustan (Iran): Sassanid Rock Reliefs, Upper Register of the Large Vault with Investiture Relief of Khusro II: View of Relief Depicting Khusro II Standing between the God Ahura Mazda (right) and the Goddess Anahita (left)". www.si.edu; Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 2026-08-24.
- ↑ "ANTHROPOMORPHISM". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-08-25.
- ↑ "M.N. Dhalla: History of Zoroastrianism (1938), part 3". www.avesta.org. Consultado o 2026-08-25.
- ↑ Mary Boyce, «Anāhīd ii. The Cult and its Diffusion», Encyclopaedia Iranica. Consultado o 24 de agosto de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ahura Mazda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hinnes, John R. (1985). Persian Mythology (en inglés). Londres: Newnes. ISBN 9780600342823.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |