Alabastro
| Alabastro | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O alabastro (do latín: alabastrum)[1] é unha variedade compacta é translúcida do xeso, amplamente utilizado en escultura, e tamén en arquitectura e ornamentación. O alabastro oriental é unha variedade da calcita que se empregaba en tempos antigos.
O alabastro, coma a pedra de xeso, pódese rañar coa unlla, pois ten unha dureza de Mohs de 1,5 a 2. O seu sistema cristalino é monoclínico. Adoita usarse como peza decorativa, xa que a súa brandura permite tallalo en formas moi elaboradas. Porén, ó ser soluble en auga, non pode utilizarse en exteriores.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "alabastro" procede do latín alabastrum, que se deriva do grego αλάβαστρος (alabastros). Este termo designaba unha vasilla sen asas, xa que este tipo de vasillas para perfume acostumaban a elaborarse con alabastro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lajo Pérez 1990, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte (en castelán). Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.