Autobús
| Autobús | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||

O autobús[1] (comunmente abreviado como bus)[2] ou coche de liña[3] é un vehículo terrestre deseñado para o transporte de persoas. A súa capacidade pode variar entre 10 e 120 pasaxeiros, e nos casos dos autobuses articulados poden pasar dos 200, e polo xeral úsanse nos servizos de transporte público urbano e interurbano, e con traxecto fixo. De non ter traxecto fixo tamén se pode denominar autocar[4] e o de gran capacidade coñécese como ómnibus.[5][6]
Variantes
[editar | editar a fonte]O autobús adoita ter motor de combustión interna, pero existen outras variantes minoritarias:
- Autobús eléctrico. Empregan unha fonte eléctrica principalmente baseada en baterías de diferentes tipos.
- Autobús guiado. O vehículo dispón dunhas pequenas rodas horizontais paralelas aos pneumáticos que se encaixan nos topes laterais e o guían.
- Orientación óptica. Utiliza marcas pintadas no chan e un sistema óptico (láser ou visión artificial).[7]
- Autobús expreso. Consta de carrís exclusivos e un autobús articulado con portas a ambos lados e accesibles só dende as estacións.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo autobús procede do francés autobus, e este fórmase sobre auto- e omnibus.[8] Pola súa parte, ómnibus chegou ao galego a través da palabra francesa omnibus, procedente do latín omnibus, dativo plural de omnis, co significado de 'para todos'.[9][10][11]
O nome omnibus aplicouse en Francia, xa no século XIX, aos vehículos de transporte colectivo porque eran medios de transporte públicos 'para todos'.[12] Máis adiante, cando estes vehículos pasaron a ser automóbiles, popularizouse a forma autobús, literalmente 'ómnibus automóbil' ou, máis literalmente segundo a súa etimoloxía, 'vehículo que se move por si mesmo para todos'.[13]
Existe tamén unha etimoloxía popular que sitúa a orixe da palabra en Nantes, onde os primeiros vehículos de Stanislas Baudry terían parado diante dunha tenda dun sombreireiro apelidado Omnès, cuxo rótulo dicía Omnes Omnibus; a partir diso, os cidadáns acabarían chamando omnibus ao vehículo.[14][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autobús.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bus.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coche de liña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autocar.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ómnibus.
- ↑ En galego reintegracionista admítense as grafías ómnibus e ónibus.
- ↑ Cincuenta autobuses sin conductor guiados por láser unirán Valencia y Alicante con sus áreas interurbanas. www.lasprovincias.es.
- ↑ Diccionario de la lengua española (ed.). "autobús" (en castelán). Real Academia Española. Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ Diccionario de la lengua española (ed.). "ómnibus" (en castelán). Real Academia Española. Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ Académie française / CNRTL (ed.). "OMNIBUS" (en francés). Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ "BUS". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2026-04-18.
- ↑ CNRTL (ed.). "Définition de OMNIBUS" (en francés). Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ Diccionario de la lengua española (ed.). "autobús" (en castelán). Real Academia Española. Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ Winick, Stephen (12 febreiro 2020). Library of Congress, ed. "The Legend of Monsieur Omnès" (en inglés). Consultado o 18 abril 2026.
- ↑ Wikipedia (ed.). "Horsebus" (en inglés). Consultado o 18 abril 2026.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |