Saltar ao contido

Blaster (worm)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blaster
 Nome orixinal
    Blaster (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
Datas
 Descuberta / invención
11 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01rlf_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Blaster (tamén coñecido como Lovsan, Lovesan ou MSBlast) foi un verme informático que se propagou por ordenadores con sistemas operativos Windows XP e Windows 2000 durante agosto de 2003.[1]

O verme foi detectado por primeira vez e comezou a propagarse o 11 de agosto de 2003. A velocidade de propagación aumentou ata que o número de infeccións alcanzou o seu máximo o 13 de agosto de 2003. Unha vez infectada unha rede (como unha empresa ou unha universidade), esta propagábase máis rápido dentro da rede porque as devasas non adoitaban impedir que as máquinas internas usasen un determinado porto.[2] O filtrado por parte dos provedores de servizos de internet e a publicidade xeneralizada sobre o verme, frearon a propagación de Blaster.

En setembro de 2003, Jeffrey Lee Parson, un mozo de 18 anos de Hopkins, Minnesota, foi acusado de crear a variante B do verme Blaster; admitiu a súa responsabilidade e foi condenado a unha pena de prisión de 18 meses en xaneiro de 2005.[3] O autor da variante A orixinal segue sendo descoñecido.

  1. ↑ "CERT Advisory CA-2003-20: W32/Blaster worm" (en inglés). CERT/CC. 2003-08-14. Arquivado dende o orixinal o 2014-10-17. Consultado o 2018-11-03.
  2. ↑ "MS03-026: Buffer Overrun in RPC May Allow Code Execution". Microsoft Support (en inglés). Microsoft Corporation. Consultado o 2018-11-03.
  3. ↑ "Minnesota Man Sentenced to 18 Months in Prison for Creating and Unleashing a Variant of the MS Blaster Computer Worm" (en inglés). United States Department of Justice. 2005-01-28. Consultado o 2021-02-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.