Saltar ao contido

Collocalia linchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Collocalia linchi
 Nome taxon
    Collocalia linchi
 Nome curto
    C. linchi (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeApodiformes
FamiliaApodidae
TriboCollocaliini
XéneroCollocalia
EspecieCollocalia linchi Editar o valor en Wikidata
Horsf. e Moore, 1854 Collocalia linchi Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02w4nq3 Editar o valor en Wikidata
ITIS554945 Editar o valor en Wikidata
OTT586267 Editar o valor en Wikidata
UICN22686498 Editar o valor en Wikidata
CoLX4P3 Editar o valor en Wikidata
EOL45516377 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A salangana linchi (Collocalia linchi), é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Propia de Sumatra, Xava, Balí e outras illas menores de Indonesia é unha especie arbórea que nidifica en covas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1854 polos naturalistas Thomas Horsfield e Frederic Moore co nome binomial actual Collocalia linchi.[1][2]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñecense as catro subespecies seguintes:[3][4][5]

  • Collocalia linchi dedii S. Somadikarta, 1986. En Balí e Lombok.
  • Collocalia linchi linchi Horsfield & Moore, 1854. En Bawean e Xava.
  • Collocalia linchi ripleyi S. Somadikarta, 1986. Nas montañas Barisan, en Sumatra.
  • Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905. No monte Kinabalu (Sabah), no norte de Borneo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Collocalia

O epíteto específico, linchi, é unha adaptación do nome xavanés da ave.[6]

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

En galego o seu nome é salangana lichi.[7]

Características

[editar | editar a fonte]
Collocalia linchi aniñando nunha cova da illa de Xava.

A salangana lichi ten unha lonxitude de 9 a 11,5 cm. A plumaxe das súas partes superiores é de cor negra con brillos azuis, e a das súas partes inferiores gris.[8]

A súa historia na illa Karimata

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Sopa de niño de andoriña.

A pesar de que na actualidade o seu status, segundo a UICN é "pouco preocupante", a especie foi historicamente a fonte da sopa de niño de andoriña, sopa considerada como unha especialidade da gastronomía chinesa,[9] na illa Karimata (Indonesia) existiu en tempos unha considerábel poboación de aves desta especie, poboación que recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezo que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados.
Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[10]

Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[11]

  1. ↑ Horsfield, Thomas; Moore, Frederic (1854). A Catalogue of the Birds in the Museum of the Honorable East India Company. Volume 1. London: W.H. Allen. pp. 100–106.
  2. ↑ Peters, James Lee, ed. (1940). Check-list of Birds of the World. Volume 4. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 229–230.
  3. ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2017). "Owlet-nightjars, treeswifts & swifts". World Bird List Version 7.3. International Ornithologists' Union. Consultado o 28 de setembro de 2019.
  4. ↑ Cave Swiftlet (Collocalia linchi) en Handbook of the Birds do the World Alive.
  5. ↑ Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 no ITIS.
  6. ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 227. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  8. ↑ Chantler, Phil (2010). Swifts: A Guide to the Swifts and Treeswifts of the World. A & C Black. ISBN 9781408135402.
  9. ↑ Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134.
  10. ↑ Sara R. Estella (13de agosto de 2017). "Nidos de pájaro a precio de oro". La Voz de Galicia. Consultado o 28 de setembro de 2019.
  11. ↑ BirdLife International (2016): Collocalia linchi na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 28 de setembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  • Somadikarta, S. (1986). "Collocalia linchi Horsfield and Moore — a revision". Bulletin of the British Ornithologists' Club 106 (1): 32–40. 
  • Rheindt, Frank E.; Christidis, Les; Norman, Janette A.; Eaton, James A.; Sadanandan, Keren R.; Schodde, Richard (2017). "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex". Zootaxa 4250 (5): 401–433. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]