Saltar ao contido

Ferrolterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrolterra
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Contén división administrativa
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 127174
Wikidata

Ferrolterra denomina a unidade territorial das terras do norte da provincia da Coruña que abrangue os vinte concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O termo foi inventado na década de 1960 pola intelectualidade ferrolá e naronesa.[Cómpre referencia] En certos campos[onde?] engádense algúns concellos do norte da comarca de Betanzos.

O seu uso é común no ámbito turístico, considerándoa coma unha rexión turística que integra tamén o concello de Vilarmaior.[1][2] Turismo de Galicia defínea como un xeodestino.[1]

Outros exemplos do seu uso atópanse nos campos da sanidade, da educación, do sector empresarial[3] ou deportivo. Un exemplo deste último eido é a Delegación territorial de Ferrol da Federación Galega de Fútbol[4] que abarca tamén os concellos de Miño e Vilarmaior.

Ás veces confúndese Ferrolterra coa comarca de Ferrol.[5]

  1. 1 2 Turismo de Galicia (ed.). "Ferrolterra". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2020.
  2. ↑ Turismo de Ferrolterra (ed.). "Ferrolterra-Rías Altas". Consultado o 1 de outubro de 2020.
  3. ↑ "Asociación de empresarios de Ferrolterra" (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2020.
  4. ↑ Real Federación Galega de Fútbol (ed.). "Delegacións Territoriais RFGF". Consultado o 2 de outubro de 2020.
  5. ↑ DicLib (ed.). "Ferrolterra". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]