Saltar ao contido

Generalife

Generalife
 Nome orixinal
    Generalife (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
Características
 Estilo
 Situación patrimonial
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF139023420 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cz6vy Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 130222 BNE: XX4897728
Wikidata C:Commons

O Generalife (do árabe جَنَّة الْعَرِيف Jannat al-‘Arīf) é a vila con xardíns habitada polos reis musulmáns de Granada como lugar de descanso, situado na cidade de Granada, España. Foi declarado, xunto coa Alhambra e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi concibida como vila rural, onde xardíns ornamentais, hortos e arquitectura se integraban, nas proximidades da Alhambra. A orixe do nome está discutida. Algúns avogan por Yannat al-Arif como "Horta do Arquitecto", ou "Xardín do arquitecto" aínda que puido significar "O máis excelso xardín". Ese horto real era común nas cortes hispano-árabes e é froito das reformas e engadidos que lle achegaron os diferentes sultáns. Polos seus elementos decorativos máis antigos, o pazo debeu de construírse a finais do século XIII polo segundo sultán da dinastía nasarita, Muhammad II (1273-1302).

O Generalife está situado fóra das murallas da Alhambra, ao leste, na ladeira do Cerro del Sol. Foi terreo de recreo dos sultáns nasaritas pero tamén utilizado para a súa explotación agrícola. No período medieval tiña polo menos catro hortas e a residencia é un pazo ao que o visir Ibn al-Yayyab chamou a "Casa Real da Felicidade".

É de estilo árabe nasarita e está situado no lado setentrional da Alhambra. Na época da súa construción, estaba situado fóra do perímetro da Granada musulmá, e carecía de comunicación directa coa Alhambra, sendo o seu acceso principal o camiño do Barranco Aikabia, a actual Costa dos Chineses, que ascendía dende o río Darro.[2]

Está formado por un conxunto de edificacións, patios e xardíns, que o converten nun dos maiores atractivos da cidade de Granada, e, xunto coa Alhambra, nun dos conxuntos arquitectónicos máis destacables da arquitectura civil musulmá. Dende o exterior contémplanse dous pavillóns situados a norte e sur, e comunicados por un patio percorrido polo curso da auga, os dous pavillóns encóntranse moi reformados.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Alhambra, Generalife and Albayzín, Granada" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 09-02-2013.
  2. ↑ Seco de Lucena, L.: Plano de Granada Árabe, Granada, 1910, reimpreso facsimil en 1982, a escala 1:1000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]