Goshogawara (五所川原市, ごしょがわらし, Goshogawara-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó noroeste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 404,56km² de superficie, unha poboación de 59.891 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 148 h/km².
No ano 1889 os concellos de aldeas de Goshogawara, Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume foron findado dentro do distrito de Kitatsugaru.
No ano 1898 o concello da aldea de Goshogawara converteuse nun concello de vila.
No ano 1954 o concello da cidade de Goshogawara foi fundado pola fusión do concello da vila de Goshogawara e dos concellos de aldeas de Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume.
No ano 2005 a nova cidade de Goshogawara foi fundada pola fusión da antiga Goshogawara e do concello da vila de Kanagi e do concello da aldea de Shiura do distrito de Kitatsugaru.