Saltar ao contido

Hiten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hiten
 Nome orixinal
    飛天 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
24 de xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
   143 kg engalaxe Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   51.130 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   11.330 km Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,32 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   34,7 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   4,7 d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05fg61 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Hiten (nomeada así por un anxo budista), previamente denominado MUSES A, foi unha sonda lugar da axencia xaponesa ISAS (máis tarde integrada na actual JAXA) lanzada o 25 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Hiten foi unha sonda deseñada para facer probas de tecnoloxías asociadas coa exploración lunar e planetaria e sobrevoar a Lúa varias veces. A sonda levaba un subsatélite denominado Hagoromo (nomeado así polo velo que vestía o anxo Hiten) que foi soltado na veciñanza da Lúa. Hiten foi situado nunha órbita terrestre altamente elíptica que a facía sobrevoar a Lúa.[1][2]

Os obxectivos principais da misión foron probar o control da traxectoria da sonda mediante asistencias gravitacionais, inserir o subsatélite en órbita lunar, probar a navegación óptica nun satélite estabilizado mediante xiro, probar a tolerancia a fallos do ordenador de a bordo e da telemetría, experimentar coa aerofreada para chegar a órbitas próximas á Lúa e detectar e medir a velocidade e masa dos micrometeoroides. Adicionalmente probouse a inserir a Hiten nos puntos lagranianos L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, logo a inserila en órbita lunar e máis tarde a estrelala contra a superficie da Lúa. Hiten foi a primeira sonda lunar lanzada polo Xapón.[1][2]

Hiten tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto, con Hagoromo situado nun dos extremos. A masa do satélite, incluído propelente, era de 143 kg e a alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían as paredes do cilindro, dando ata 110 vatios de potencia, que podían almacenarse na batería de a bordo. A sonda estabilizábase mediante xiro, a entre 10 e 20,5 r.p.m. O control de actitude e a propulsión da nave corrían a cargo de oito propulsores de 23 N de impulso e catro de 3 N alimentados por hidracina. As comunicacións tiñan lugar grazas a un conxunto de antenas de media ganancia que transmitían tanto en banda X como en banda S.[4][5][3]

Hiten foi estrelada intencionadamente na superficie lunar o 10 de abril de 1993.[4][5][3]

  1. 1 2 3 NASA (27 de marzo de 2013). "Hiten" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2013.
  2. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Muses A (Hiten)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
  3. 1 2 3 Mark Wade (2011). "Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
  4. 1 2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HITEN (MUSES A)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
  5. 1 2 "Note verbale dated 20 June 1990 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (90-15632). 26 de xuño de 1990: 2. Consultado o 2 de maio de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]