Saltar ao contido

Kuressaare

Kuressaare
 Nome orixinal
    Kuressaare (et) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Кингисепп (ru) dende 1952 ata 1988
Аренсбург (ru) ata 1918
Kuressaare (et)
Arensburg (de) ata 1918 Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Datas
 Fundación / creación
1154 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.925 (2000) censo
13.166 (2011) censo
13.152 (2014) balance demográfico
13.009 (2015) balance demográfico
13.449 (2016) balance demográfico
13.382 (2017) balance demográfico
13.276 (2018) balance demográfico
13.097 (2019) balance demográfico
12.933 (2020) balance demográfico
13.034 (2021) censo
13.197 (2023) balance demográfico
13.185 (2024) balance demográfico Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   15,53 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal93813 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap350695 Editar o valor en Wikidata
VIAF167509778 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/021ctc Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Kuressaare é unha cidade da illa de Saaremaa, en Estonia. É o centro administrativo do concello de Saaremaa e a sede do condado de Saare. Kuressaare é a cidade máis occidental de Estonia. A poboación rexistrada o 1 de xaneiro de 2024 era de 13 185 habitantes.[1][2]

A cidade está situada na costa sur da illa de Saaremaa, fronte ao golfo de Riga do mar Báltico, e está servida polo aeroporto de Kuressaare, o porto de Roomassaare e o porto de iates de Kuressaare.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Castelo de Kuressaare.

O nome histórico de Kuressaare, Arensburg[3] (do alto alemán medio a(a)r: aguia, ave rapaz), provén da denotación latina arx aquilae para o castelo da cidade. A fortaleza e a aguia, símbolo tetramorfo de San Xoán Evanxelista, tamén aparecen representadas no escudo de Kuressaare.

A cidade, que medrou ao redor da fortaleza, era coñecida simultaneamente como Arensburg e Kuressaare linn;[4] este último nome é unha combinación de Kuressaare -un nome antigo da illa de Saaremaa- e linn, que significa cidade.[5] Alternativamente, o nome da cidade pode vir de kurg (grou) e saare (illa), un nome que puido proceder do nome e do escudo alemáns da cidade, ou puido existir antes da chegada dos colonos alemáns.[6] Finalmente, o nome da cidade ficou como Kuressaare[5] e fíxose oficial en 1918 despois de que Estonia declarara a súa independencia da República Soviética Federativa Socialista de Rusia.[15] Baixo o dominio soviético, a cidade pasou a chamarse Kingissepa en 1952. Este nome veu do bolxevique de Kuressaare, Viktor Kingissepp[5], executado en 1922. O nome Kuressaare foi restaurado en 1988.[5]

Hai nove barrios en Kuressaare:[7]

  • Ida-Niidu.
  • Kesklinn.
  • Kellamäe.
  • Marientali.
  • Põllu alev.
  • Roomassaare.
  • Smuuli.
  • Suuremõisa.
  • Tori.

Kuressaare ten un clima continental húmido con veráns cálidos, lindando cun clima oceánico, categorizado como Dfb no sistema de clasificación climática de Köppen.[8] O seu clima é bastante semellante ao de Shelburne, Nova Escocia (no Canadá).[9]

Datos climáticos para Kuressaare (1971–1999)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 8,3 10,8 12,1 24,0 26,2 31,4 30,9 32,0 24,5 18,6 12,6 9,4 32,0
Media máxima en °C −0,1 −0,8 1,8 7,5 14,6 18,6 20,7 20,0 15,1 9,9 4,8 1,6 9,5
Media diaria en °C −2,2 −3,3 −0,9 3,6 10,0 14,5 16,9 16,4 11,9 7,4 2,8 −0,4 6,4
Media mínima en °C −4,9 −6,2 −3,8 0,4 5,7 10,4 13,1 12,7 8,8 4,7 0,6 −3,1 3,2
Temperatura mínima en °C −31,6 −29,8 −20,9 −9,4 −3,8 1,0 6,4 3,7 −3,1 −9 −16,4 −32,6 −32,6
Precipitación media mm 44 31 33 35 32 49 58 63 71 72 72 59 617
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 11 8 9 8 6 7 7 10 12 12 14 14 118
Humidade relativa media (%) 87 86 85 79 71 75 78 80 82 84 86 87 82
Fonte: Estonian Weather Service[10][11]
  1. ↑ "Rahvastik soo, vanuserühma ja 2017. aasta haldusreformi järgse elukoha järgi, 1. jaanuar". Statistics Estonia. Consultado o 22 de decembro de 2021.
  2. ↑ Statistics Estonia
  3. ↑ Bes, Lennart; Frankot, Edda; Brand, Hanno (2007). Baltic Connections: Denmark, Estonia, Finland, Germany. BRILL. p. 178. ISBN 978-90-04-16431-4. Consultado o 4 de xuño de 2012.
  4. ↑ "Kuressaare linn".
  5. 1 2 3 4 Pospelov (1993), p. 28
  6. ↑ "Kuressaare". [KNR] Dictionary of Estonian Place names. Eesti Keele Instituut (Estonian Language Institute). Consultado o 10 de xullo de 2022.
  7. ↑ "LINNAOSADE JA -JAGUDE LÜHENDID". www.eki.ee (en estoniano). Consultado o 18 de marzo de 2020.
  8. ↑ "Kuressaare, Estonia - Climate Data". Weather Atlas. Consultado o 23 de febreiro de 2025.[Ligazón morta]
  9. ↑ "Average Weather in Kuressaare, Estonia Year Round". WeatherSpark. Consultado o 23 de febreiro de 2025.
  10. ↑ "Kliimanormid-Õhutemperatuur" (en estoniano). Estonian Weather Service. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  11. ↑ "Kliimanormid-Sademed, õhuniiskus" (en estoniano). Estonian Weather Service. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Поспелов (Pospelov), Е. М. (Ye) (1993). Имена городов: вчера и сегодня (1917–1992). Топонимический словарь [Nomes de cidades: onte e hoxe (1917–1992). Diccionario toponímico] (en ruso). Moscova: Русские словари.