Saltar ao contido

Moncho Borrajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoncho Borrajo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Baños de Molgas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, pintor, poeta, escritor, compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1719513 BUSC: 981013405234207712

Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista, dramaturgo e pintor galego, máis coñecido como Moncho Borrajo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ao entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir dese momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria.[1]

A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria.

En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade.

En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións.

Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Mira quen fala e Mira quen fala tamén e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias. Tamén na prensa galego publicou artigos na serie «Anacos».

Actuou en Vigo diante de 65.000 espectadores, en Bilbao encheu durante máis d un mes un teatro de 2400 localidades.[2]

En 2006 decide xubilarse dos escenarios[3] coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da Coruña[4]. Mais volveu aos escenarios

Espectáculos

[editar | editar a fonte]
Moncho Borrajo, pregoeiro na Festa da Ameixa, O Carril.
  • Hostal Royal Manzanares (1996)
  • Muertos de risa (1999)
  • Todos con la copla (2003)

Actor de dobraxe

[editar | editar a fonte]
  • Mickey (Bruce Willis) en Mira quién habla (1989)
  • Mickey (Bruce Willis) en Mira quien habla también (1990)

Literatura en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Moncho y yo Moncho y yo (1980). Fernando Torres Ed. ISBN 978-8473661300. 71 láminas con debuxos. Prólogo de José Luís Coll.
  • Moncho y tú. El humor entre líneas. A tí... por eso que tu sabes (1986). Planeta. 100 páxs. ISBN 978-8432046636. Viñetas e textos humorísticos.
  • ¡Pobres míos! (1987). Planeta. 100 páxs. ISBN 978-8432046834. Debuxos.
  • Yo amo la ciudad (1995). Espasa Calpe. 100 páxs. ISBN 978-8423986194. Narrativa breve.
  • Con amor y humor de Moncho Borrajo (1996). Edaf. 160 páxs. ISBN 978-8441401310. Aforismos.
  • Pavana para una difunta (1998). Ed. Egales. 171 páxs. ISBN 84-923083-0-3. Novela.
  • 365 ocurrencias con humor para la tolerancia (2001). Edaf. 176 páxs. ISBN 9788441409057. Aforismos con humor.
  • ¡Corre, Gallego, Corre! Monchito Borrajo, Martín codax 6 bajo (2013). Nausicaa. 368 páxs. ISBN 978-8494087622. 1.ª parte das súas memorias.
  • Nuevos cantos canarios (2019). Le Canarien ediciones. 149 páxs. ISBN 978-84-17522-38-4. Con prólogo de Elfidio Alonso fai un percorrido polos costumes e folclore canario.

Literatura en galego

[editar | editar a fonte]

Premios e legado

[editar | editar a fonte]

Hai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus.

2026: Premio Fernando Arenas Quintela de literatura e ensaio por A lúa din que non chora.[7] Segundo o xurado: «O libro galardoado destaca pola súa estrutura orixinal que combina a poesía cunha breve introdución narrativa e ilustracións do propio autor, confirmando así o diálogo constante que Borrajo mantén entre a literatura e as artes visuais».[8]

  1. ↑ "Moncho Borrajo -" (en castelán). Consultado o 2026-05-21.
  2. ↑ "Centre de Documentació Escènica". documentacionescenica.com. Consultado o 2026-05-21.
  3. ↑ "Moncho Borrajo di adeus a 36 anos de humor con 'Despedida y Cierre'". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2007. Consultado o 22 de setembro de 2007.
  4. ↑ Borrajo se jubila en A Coruña tras despedirse durante 2 años, La Opinión de A Coruña, 16/10/08
  5. ↑ Moncho Borrajo consigue la Entrada de Plata por su espectáculo Loco, Terra.es, 25/1/09
  6. ↑ "Gotas de Rocío, de Moncho Borrajo (Le Canarien Ed. 2022)". Poémame - Revista abierta de poesía (en castelán). 2024-12-03. Consultado o 2026-05-21.
  7. ↑ "El ganador del premio Fernando Arenas Quintela: “No es un libro de Moncho Borrajo, es de Ramón Borrajo”". El Ideal Gallego (en castelán). 2026-04-22. Consultado o 2026-05-21.
  8. ↑ "El polifacético Moncho Borrajo conquista el 26.º Premio Literario Fernando Arenas Quintela". La Voz de Galicia (en castelán). 2026-04-22. Consultado o 2026-05-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]