Saltar ao contido

Otto Dix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtto Dix

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Wilhelm Heinrich Otto Dix Editar o valor en Wikidata
2 de decembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Untermhaus Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1969 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Singen (Hohentwiel) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHemmenhofen (en) Traducir
Baden-Württemberg Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
EducaciónKunstgewerbeschule Dresden (1909–1914)
Dresden Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e arte visual Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Dresden
Roma
Venecia
Austria
Colmar
Singen (Hohentwiel)
Berlín
Düsseldorf
Bautzen
Suíza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, escultor, gravador, litógrafo, debuxante, esperantista, profesor universitario, artista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDresden Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, pintura paisaxística, retrato pictórico, arte de xénero, nudez na arte, figura, natureza morta, arte sacra, pintura mitolóxica, alegoría e pintura de animais Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo e Nova Obxectividade Editar o valor en Wikidata
ProfesoresErnst Schunke (en) Traducir, Carl Senff, Richard Guhr (pt) Traducir e Otto Gussmann Editar o valor en Wikidata
AlumnosErika Streit Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoPrimeira Guerra Mundial
Segunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III
16 de xullo de 1955documenta 1 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMartha Dix (1923–) Editar o valor en Wikidata
FillosNelly Dix, Ursus Dix, Jan Dix Editar o valor en Wikidata
IrmánsHedwig Dix
Toni Dix Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дикс Отто)
Dresdner Hefte
NDB-online (en) Traducir >>>:Dix, Otto Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 115124 BNE: XX1297279 Discogs: 2188608 WikiTree: Dix-1553 Find a Grave: 11389825 Editar o valor en Wikidata

Wilhelm Heinrich Otto Dix, nado en Untermhaus, preto de Gera, o 2 de decembro de 1891, e finado en Singen, o 25 de xullo de 1969, foi un pintor alemán, vinculado aos movementos do Expresionismo e da Nova Obxectividade. A súa obra abrangue unha ampla variedade de estilos, mais é especialmente coñecido polas súas representacións da guerra e da sociedade da República de Weimar.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dix naceu nunha familia obreira: o seu pai, Franz Dix, era ferreiro, e a súa nai, Louise, tiña afeccións artísticas e musicais. Durante a súa etapa escolar, foi alentado polo profesor de debuxo Ernst Schunke, e entre 1905 e 1909 formouse co pintor decorativo Carl Senff. Grazas a unha bolsa concedida polo principado de Reuß, estudou na Escola Superior de Belas Artes de Dresde (1909–1914), onde entrou en contacto coa tradición renacentista alemá e experimentou co cubismo, futurismo e posteriormente co dadaísmo.

Voluntario na primeira guerra mundial, serviu como suboficial en unidades de metralladoras no fronte occidental e oriental. Participou na Ofensiva do Somme, foi ferido en 1918 e condecorado coa Cruz de Ferro de segunda clase. As experiencias traumáticas da guerra marcaron profundamente a súa obra, como se reflicte na serie de gravados Der Krieg (1924).[2]

En 1919 fundou o grupo Dresdner Secession Gruppe 1919, xunto a Conrad Felixmüller. En Düsseldorf uniuse ao colectivo Das Junge Rheinland, e en 1923 casou con Martha Koch, con quen tivo tres fillos. Entre 1925 e 1927 viviu en Berlín, onde desenvolveu obras críticas influídas pola Nova Obxectividade. En 1927 obtivo a cátedra na Academia de Belas Artes de Dresde.[3]

Co ascenso do nazismo en 1933, foi destituído da súa cátedra e considerado “artista dexenerado”. Confiscáronse 260 obras súas, moitas das cales foron queimadas. A pesar da represión, continuou traballando en Randegg e Hemmenhofen, onde retratou paisaxes do Hegau. En 1939 foi detido pola Gestapo, acusado de participar nun atentado contra Adolf Hitler, e encarcerado durante dúas semanas.[4]

Foi obrigado a servir no Volkssturm ao remate da segunda guerra mundial. Tras ser feito prisioneiro polos franceses en 1945, regresou a Hemmenhofen en 1946.

Non se identificou nin co realismo socialista da República Democrática Alemá nin coa arte abstracta da República Federal Alemá, mais recibiu recoñecementos en ambas Alemañas. Entre eles, a Cruz do Mérito da República Federal (1959), a Medalla Carl von Ossietzky (1964), e o título de cidadán honorario de Gera (1966).

Faleceu en Singen o 25 de xullo de 1969 tras sufrir un accidente cerebrovascular.[1]

  1. 1 2 Eva Karcher, Otto Dix 1891-1969: His Life and Works, Cologne, Taschen, 1988 (en inglés).
  2. ↑ Norbert Wolf, Uta Grosenick, Expressionism, Taschen, p. 34 (en inglés).
  3. ↑ Sergiusz Michalski, New Objectivity, Cologne, Taschen, 1994 (en alemán).
  4. ↑ Rainer Beck, Otto Dix. 1891 - 1969. Zeit, Leben, Werk, Konstanz, Stadler, 1993 (en alemán).