Saltar ao contido

Paul Robeson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Robeson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1898 Editar o valor en Wikidata
Princeton Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Filadelfia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Ferncliff Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPaul Robeson House (en) Traducir (1965–1976) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo afroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónRutgers University–New Brunswick (en) Traducir
Escola de estudos orientais e africanos
Columbia Law School
Somerville High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1.910 mm Editar o valor en Wikidata
Peso219 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, músico, activista polos dereitos civís, musicólogo, deportista, político, militar, autor, actor, actor de cinema, avogado, actor de teatro, activista, xogador de fútbol americano, baloncestista, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor en Wikidata - 1963 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progressista (Estados Unidos, 1948–1955) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica folk Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento de Harlem Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
TesituraBaixo-barítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Philips
HMV (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol americano Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEnd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– Akron Pros
Participou en
Conferencia sobre África Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeEslanda Goode Robeson (1921–1965), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaHelen V. Rosen
Peggy Ashcroft Editar o valor en Wikidata
FillosPaul Robeson Jr.
 () Eslanda Goode Robeson Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Drew Robeson I Editar o valor en Wikidata  e Maria Louisa Bustill Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Робсон Поль)
Enciclopedia Soviética Armenia
National Gallery of Art Library Vertical Files (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0732079 Allocine: 43666 Rottentomatoes: celebrity/paul_robeson Allmovie: p60719 TV.com: people/paul-robeson IBDB: 58036
BNE: XX1251630 Spotify: 6ccc2jvU6SYt0OyInCkIbG Musicbrainz: bbc5febe-0321-4bb2-adcd-8dafbf8d8841 Songkick: 159094 Discogs: 307214 WikiTree: Robeson-765 Find a Grave: 878 Deezer: 7446 Genius: Paul-robeson Editar o valor en Wikidata

Paul LeRoy Robeson Bustill, nado en Princeton o 9 de abril de 1898 e finado en Filadelfia o 23 de xaneiro de 1976, foi un actor de teatro e cinema, cantante de baixo-barítono, xogador de fútbol americano, escritor e activista estadounidense polos dereitos civís e políticos.[1]

En 1943 converteuse no primeiro actor afroamericano en interpretar o papel protagonista de Otelo, de William Shakespeare, en Broadway. A produción alcanzou as 296 representacións, converténdose na posta en escena dunha obra de Shakespeare máis duradeira da historia de Broadway.[2] O seu éxito abriu as portas a outros actores afroamericanos como Sidney Poitier e Harry Belafonte.

No auxe da súa fama, converteuse en activista político contra o fascismo, o racismo e o colonialismo. Defensor de ideais socialistas, durante a Guerra Fría foi perseguido polo macartismo e investigado polo FBI e o MI5, estando incluído nun caderno que George Orwell fixo para delatar esquerdistas de diversas tendencias en 1949.[3][4]

O FBI compilou un extenso expediente sobre as actividades de Robeson, accesíbel no arquivo documental da axencia, dividido en 31 partes.[5] En 1950, o Goberno estadounidense retiroulle o pasaporte, que non recuperaría até 1958.[6][7]

En 1952 foille concedido o Premio Stalin da Paz, logo rebautizado como Premio Lenin da Paz. A distinción foille entregada en 1953, nunha cerimonia celebrada en Harlem, polo intelectual e activista W. E. B. Du Bois.[8]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Paul LeRoy naceu en Princeton, fillo de William Drew Robeson e Maria Louisa Bustill. O seu pai, de orixe igbo,[9] nacera na escravitude en Carolina do Norte e fuxira na adolescencia a Pensilvania.[10][11] Estudou teoloxía na Lincoln e exerceu como pastor presbiteriano en Princeton.[12][13] A súa nai, Maria Louisa Bustill, de familia cuáquera de Filadelfia, era mestra e morreu en 1904, a causa dun accidente doméstico, tendo Paul cinco anos.[14]

Estudos e deportes

[editar | editar a fonte]

Após concluír os estudos de secundaria en Somerville, Robeson foi aceptado na Universidade Rutgers, converténdose en 1915 no terceiro afroamericano na historia desa institución. Destacou tanto nos estudos como no deporte, participando nos equipos universitarios de fútbol americano, béisbol, baloncesto e atletismo. Foi seleccionado en dúas ocasións para o equipo ideal universitario de fútbol americano dos Estados Unidos (All-American). Graduouse con honores en 1919 e pronunciou un dos discursos da cerimonia de graduación.[15]

Despois de se graduar en Rutgers, matriculouse en Dereito da Universidade de Columbia, en Nova York, pagando o curso cos seus ingresos do fútbol americano. Xogou nos Akron Pros e nos Milwaukee Badgers, e ademais traballou de adestrador auxiliar xunto a Fritz Pollard.[16]

Logo de acadar o grao en Columbia aos 24 anos, Robeson foi contratado polo bufete Stotesbury and Miner de Nova York mais abandonou a profesión pouco despois debido á discriminación racial. Entre os incidentes que sufriu, figura a negativa dunha taquígrafa a tomar ditado del. O responsable do bufete propúxolle abrir un despacho en Harlem para atender a clientela afroamericana, pero Robeson renunciou ao seu posto.[16]

Anos máis tarde trasladouse a Londres, onde estudou fonética e lingua suahili na Universidade de Londres.

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

O 17 de agosto de 1921, Robeson casou con Eslanda Cardozo Goode, química, antropóloga, escritora e activista afroamericana.[17][18]

Graduada en química na Universidade Columbia, Eslanda traballou no Hospital Presbiteriano de Nova York e foi representante e colaboradora do seu marido. Desenvolveu tamén unha importante traxectoria intelectual e política propia.[19]

O matrimonio atravesou diversas crises debido, entre outros motivos, ás relacións extramatrimoniais de Robeson. A parella permaneceu separada durante dous anos a comezos da década de 1930. Reconciliáronse a finais de 1932 e acordaron manter unha relación matrimonial aberta, conservando unha estreita colaboración profesional e política.[20]

Permaneceron casados até o falecemento dela, o 13 de decembro de 1965, e tiveron un único fillo, Paul Robeson Jr., en 1927, que se dedicou á escritura, á investigación histórica e á divulgación do legado artístico e político dos seus pais.[21]

A súa actividade artística diminuíu logo por problemas de saúde, e en 1965 participou nunha homenaxe organizada pola revista Freedomways, considerada a súa última aparición pública.

Carreira artística

[editar | editar a fonte]
Paul Robeson retratado por Betsy Graves Reyneau, nunha obra conservada nos Arquivos Nacionais dos Estados Unidos.

A principios da década de 1920, Robeson comezou a súa carreira no teatro. As súas primeiras actuacións destacadas tiveron lugar con All God's Chillun Got Wings, en 1924, e The Emperor Jones, en 1925, ambas escritas por Eugene O'Neill. En 1928 participou no musical Show Boat en Londres, repetindo en Broadway en 1932.[22]

En 1930, Robeson protagonizou Otelo, de William Shakespeare, no Savoy Theatre de Londres, con Peggy Ashcroft no papel de Desdémona. Interpretouno de novo en Broadway entre 1943 e 1944, onde alcanzou as 296 funcións, converténdose na obra de Shakespeare con maior número de representacións na historia de Broadway.[23]

No cinema, Robeson debutou en Body and Soul (1925). En 1933 protagonizou a adaptación cinematográfica de The Emperor Jones. O filme provocou controversia polo seu tratamento das relacións raciais e sufriu diversos cortes impostos pola censura, especialmente nas escenas nas que o protagonista mataba brancos.[24]

En 1936, Robeson interpretou novamente a Joe na adaptación cinematográfica dirixida por James Whale. A película incluía a súa interpretación de "Ol' Man River", unha das cancións máis coñecidas do seu repertorio.[25] O filme recibiu críticas favorábeis e contribuíu a consolidar a súa popularidade.[26]

A mediados da década de 1930, Robeson converteuse nunha destacada figura do cinema británico, participando en películas como Sanders of the River (1935), Song of Freedom (1936) e King Solomon's Mines (1937). En 1938 figuraba entre as dez estrelas cinematográficas máis populares no Reino Unido. En 1939, pouco antes do comezo da Segunda guerra mundial, regresou aos EUA.[27]

Alén da súa carreira como actor, Robeson destacou como cantante de baixo-barítono. A súa colaboración co pianista e arranxador Lawrence Brown contribuíu a consolidar a súa carreira musical.[28] Brown e Robeson coñecéronse en 1922, en Londres, e en 1925 colaboraron en concertos de espirituais. Brown encargouse dos arranxos e do acompañamento ao piano. A voz de Robeson abranguía o rexistro de barítono e podía alcanzar as notas graves dun basso profondo.[29]

En 1939, Robeson interpretou na radio a cantata patriótica Ballad for Americans. Emitida pola CBS, a súa interpretación acadou unha grande sona e contribuíu á difusión da peza, que gravou ao ano seguinte.[30]

A partir de 1949, a persecución política e os boicots profesionais dificultaron a súa carreira musical. En 1950, o Goberno estadounidense retiroulle o pasaporte, impedíndolle actuar no estranxeiro até 1958. Con todo, mesmo no macartismo, continuou ofrecendo concertos nos EUA, entre eles os celebrados na fronteira co Canadá durante a década de 1950.[31]

O regreso de Robeson en 1958 tivo lugar nun par de concertos no Carnegie Hall de Nova York. A súa actividade artística diminuíu logo por problemas de saúde, e en 1965 participou nunha homenaxe organizada pola revista Freedomways, considerada a súa última aparición pública.[32][33]

Filmografía (parcial)

[editar | editar a fonte]
  • Body and Soul (1925)
  • Camille (1926), curtametraxe de Ralph Barton.
  • Borderline (1930)
  • The Emperor Jones (1933), no papel de Brutus Jones.[34]
  • Sanders of the River (1935)
  • Show Boat (1936)
  • Song of Freedom (1936)
  • Big Fella (1937)
  • My Song Goes Forth (1937), documental no que participou como cantante e narrador.[35]
  • King Solomon's Mines (1937)
  • Jericho (1937), tamén distribuído co título Dark Sands.[36]
  • The Proud Valley (1940)
  • Native Land (1942), documental no que participou como narrador e cantante.[37]
  • Tales of Manhattan (1942)
  • Das Lied der Ströme (The Song of the Rivers) (1954), documental dirixido por Joris Ivens, con participación musical de Robeson.[38]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Robeson desenvolveu unha extensa carreira discográfica, con gravacións publicadas en diferentes formatos, así como numerosas compilacións e reedicións posteriores.[39]

Álbums seleccionados

  • Songs of Free Men (1943)[40]
  • Spirituals (1946)
  • Swing Low, Sweet Chariot (1949)[41]
  • Paul Robeson: Favorite Songs (1959)
  • Paul Robeson at Carnegie Hall (1959), gravado en directo en 1958.[42]
  • Encore, Robeson! (Paul Robeson: Favorite Songs, Vol. 2) (1959)[43]
  1. ↑ "Paul Robeson and the Battle for the Soul of America" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2023. Consultado o 2021-05-19.
  2. ↑ "Longest-running Shakespeare play (Broadway)". Guinness World Records (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  3. ↑ Hitchens, Christopher (2002-09-26). "Orwell's List". The New York Review of Books (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  4. ↑ Aínda que está sinalado no caderno de G. Orwell, non aparece na listaxe máis reducida, de 38 persoas, que entregou ao Ministerio de Asuntos Exteriores británico.
  5. ↑ "Paul Robeson, Sr.". Federal Bureau of Investigation (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  6. ↑ "2023 Paul Robeson Lecture and 8th Annual Alumni of Color Reception". Columbia Law School (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  7. ↑ Travis, Alan (2003-03-07). "Paul Robeson was tracked by MI5". The Guardian (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  8. ↑ "2023 Paul Robeson Lecture and 8th Annual Alumni of Color Reception". Columbia Law School (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  9. ↑ O pobo igbo é un pobo africano orixinario das actuais Nixeria, Camerún e Guinea Ecuatorial.
  10. ↑ Writer, Steve Newman (2022-09-05). "The Music Man — Paul Robeson: Out of Slavery" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2022. Consultado o 2022-09-15.
  11. ↑ Boyle, Sheila Tully; Buni (2005-09). Paul Robeson: The Years of Promise and Achievement (en inglés).
  12. ↑ Robeson, Paul, Jr. (2001). The Undiscovered Paul Robeson: An Artist's Journey, 1898–1939 (en inglés). John Wiley & Sons. p. 3. ISBN 0471242659.
  13. ↑ "Lessons From Paul Robeson's Father". Rutgers University (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  14. ↑ "Activist on the Global Stage: Paul Robeson 1923". Columbia Law School (en inglés). 2023-03-28. Consultado o 2026-10-16.
  15. ↑ "Paul Robeson Collection". Rutgers University Libraries (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  16. 1 2 "Exhibition: Paul Robeson 100". Columbia Law School (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  17. ↑ "Eslanda Cardozo Goode Robeson". National Park Service (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  18. ↑ Eslanda era neta, pola liña materna, de Francis Lewis Cardozo (1836–1903), político e educador afroamericano que en 1868 se converteu no primeiro afroamericano elixido para un cargo estatal nos EUA, como secretario de Estado de Carolina do Sur. Os seus bisavós maternos eran Lydia Weston, unha afroamericana que fora escravizada e obtivera a liberdade en 1826, e Isaac Nunes Cardozo, membro dunha familia sefardí xudeo-portuguesa establecida en Charleston. O seu pai, John Goode, foi empregado do Departamento de Guerra dos Estados Unidos. Véxase "Cardozo Family". Mapping Jewish Charleston, College of Charleston (en inglés). Consultado o 2026-10-16..
  19. ↑ "Essie Robeson's African Journey". The National Archives (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  20. ↑ Umoren, Imaobong D. (2014-01). "Eslanda: The Large and Unconventional Life of Mrs Robeson". Reviews in History (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  21. ↑ "Paul Robeson, Part I: The Making of an International Icon". University of Pennsylvania (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  22. ↑ "Paul Robeson". Internet Broadway Database (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  23. ↑ "A contract for Othello". Folger Shakespeare Library (en inglés). 2016-02-26. Consultado o 2026-10-16.
  24. ↑ "Film Notes: The Emperor Jones". Yale University Library (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  25. ↑ New Wave Films (2022-03-09). "Paul Robeson - Ol' Man River (HD); Film: Showboat (1936)". YouTube.com. Consultado o 2026-10-16.
  26. ↑ "Show Boat (1936)". Turner Classic Movies (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  27. ↑ "Paul Robeson: the singer and activist who pioneered a path for black actors". British Film Institute (en inglés). 2016-12-21. Consultado o 2026-10-16.
  28. ↑ "Paul Robeson collection". New York Public Library (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  29. ↑ "Paul Robeson, Jr. — Interview". American Masters, PBS (en inglés). 1998-11-04. Consultado o 2026-10-16.
  30. ↑ Barg, Lisa (2008). "Paul Robeson's Ballad for Americans: Race and the Cultural Politics of "People's Music"". Journal of the Society for American Music (en inglés).
  31. ↑ "Paul Robeson sings at the International Peace Arch". HistoryLink (en inglés). 2007-05-10. Consultado o 2026-10-16.
  32. ↑ "African American Song: Uniting Voices" (PDF). Carnegie Hall (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  33. ↑ "Statement by the Editors of Freedomways". Smithsonian Institution, Transcription Center (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  34. ↑ "Paul Robeson: Filmography". AFI Catalog (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  35. ↑ "Africa Sings (My Song Goes Forth)". Villon Films (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  36. ↑ "Jericho (1937)". British Film Institute (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  37. ↑ "Paul Robeson: the singer and activist who pioneered a path for black actors". British Film Institute (en inglés). 2016-12-21. Consultado o 2026-10-16.
  38. ↑ "Song of the Great Rivers, Music to the Documentary Film". Wise Music Classical (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  39. ↑ "Illustrated Paul Robeson discography". Wirz's American Music (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  40. ↑ "Songs of Free Men". Smithsonian National Museum of African American History and Culture (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  41. ↑ "Swing Low, Sweet Chariot". Smithsonian National Museum of African American History and Culture (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  42. ↑ "African American Song: Uniting Voices" (PDF). Carnegie Hall (en inglés). Consultado o 2026-10-16.
  43. ↑ "On My Journey: Paul Robeson's Independent Recordings" (PDF). Smithsonian Folkways Recordings (en inglés). 2007. Consultado o 2026-10-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]