Saltar ao contido

Philip Glass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhilip Glass

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Philip Morris Glass Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Baltimore Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Juilliard (1956–1959)
Universidade de Chicago - filosofía, matemáticas (1952–)
Fontainebleau Schools (en) Traducir
Instituto Peabody (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, libretista, compositor de bandas sonoras, pianista, ator coadjuvante (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía, Dixieland (pt) Traducir e Música minimalista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNadia Boulanger, Vincent Persichetti (pt) Traducir, William Bergsma (pt) Traducir e Darius Milhaud Editar o valor en Wikidata
AlumnosAntonio Pinto Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano, baixo e batería Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoAnne Akalaitis Editar o valor en Wikidata
FillosJuliet Glass, Marlowe Glass Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Sitio webphilipglass.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001275 Allocine: 43988 Allmovie: p91719 IBDB: 11740
Facebook: 197280947006687 Enciclopedia Galega Universal: 130699 TikTok: philipglassmusic BNE: XX852766 Bandcamp: philipglass Spotify: 69lxxQvsfAIoQbB20bEPFC Apple Music: 791154 Last fm: Philip+Glass Musicbrainz: 5ae54dee-4dba-49c0-802a-a3b3b3adfe9b Songkick: 478572 Discogs: 20691 IMSLP: Category:Glass,_Philip Allmusic: mn0000849672 WikiTree: Glass-5799 Deezer: 4726 Genius: Philip-glass Editar o valor en Wikidata

Philip Morris Glass, nado en Baltimore o 31 de xaneiro de 1937,[1] é un compositor clásico estadounidense. Está considerado un dos compositores máis influentes do século XX.[2][3][4] A súa música é descrita a miúdo como música minimalista, xunto coa obra doutros grandes minimalistas como La Monte Young, Terry Riley e Steve Reich.[5]

Glass rexeitou o selo de "minimalista", describíndose no seu canto como un compositor de "música con estruturas repetitivas".[6] Malia que as súas primeiras obras musicais comparten moitas características co que se considera acotío como "minimalista", a súa música evolucionou moito estilisticamente.[7][8] El descríbese a si mesmo como "clasicista", destacando por ser estudoso de harmonía e contrapunto de compositores como Franz Schubert, Johann Sebastian Bach e Wolfgang Amadeus Mozart con Nadia Boulanger.[9]

Glass fundou o seu propio conxunto musical, o Philip Glass Ensemble, co cal toca o piano, escribe óperas, obras de teatro, sinfonías, concertos, obras solistas, música de cámara e bandas sonoras. Tres das súas bandas sonoras foron nomeadas ós Premios Oscar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É un compositor moi prolífico, producindo moitos traballos entre óperas, sinfonías, concertos, bandas sonoras para filmes e outros traballos en colaboración con outros músicos. Ten dous fillos e actualmente reside no estado de Nova York nos Estados Unidos e na provincia da Nova Escocia no Canadá. É defensor da causa tibetana.[10]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor música orixinalO ApóstoloGañador
  1. ↑ Biography.com (ed.). "Philip Glass Biography – Facts, Birthday, Life Story". Consultado o 29 de marzo de 2013.
  2. ↑ Naxos Classical Music Spotlight podcast: Philip Glass Heroes Symphony
  3. ↑ "The Most Influential People in Classical and Dance". New York Magazine. 8 de maio de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2008.
  4. ↑ O'Mahony, John (24 de novembro de 2001). "The Guardian Profile: Philip Glass". The Guardian (Londres). Consultado o 10 de novembro de 2008.
  5. ↑ Richardson, John (1999), Singing Archaeology: Philip Glass's Akhnaten, University Press of New England, p. 21
  6. ↑ "Biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2008.
  7. ↑ Smith, Ethan. "Is Glass Half Empty?". New York Magazine. Consultado o 10 de novembro de 2008.
  8. ↑ Smith, Steve (23 de setembro de 2007). "If Grant Had Been Singing at Appomattox". The New York Times.
  9. ↑ McKoen, Belinda (28 de xuño de 2008). "The Sound of Glass". The Irish Times. Consultado o 10 de novembro de 2008.
  10. ↑ Biografía de Philip Glass Arquivado 04 de agosto de 2013 en Wayback Machine. na súa web oficial (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]