Saltar ao contido

Pista bici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pista bici
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Usado por
Wikidata

Unha pista bici, pista ciclable ou bicipista é un tipo de vía ciclista que consiste nun espazo exclusivo para a circulación de bicicletas fisicamente separado tanto do tráfico motorizado como do tránsito peonil.[1][2][3][4]

A diferenza doutros tipos de vías ciclistas, constrúese de forma independente da calzada e das zonas peonís, polo que habitualmente discorre por parques, xardíns ou contornos naturais. Esta configuración elimina a interacción directa con peóns e vehículos motorizados, o que reduce os puntos de conflito e aumenta os niveis de seguridade viaria.[1]

Debido a estas características, as pistas bici empréganse tanto para o lecer, o deporte e o cicloturismo como para os desprazamentos cotiáns. Non obstante, o seu trazado segregado pode implicar unha menor permeabilidade urbana en comparación con outras infraestruturas integradas no viario, como os carrís bici, ao ofrecer unha conectividade máis limitada con servizos, equipamentos ou áreas comerciais.[1]

Nalgúns países desenvólvese un tipo de pistas bici denominadas autoestradas para bicicletas. Estas consisten en vías asfaltadas de uso exclusivo para ciclistas que conectan distintas localidades, segregadas do tráfico motorizado, sen pasos a nivel con ningún outro modo de transporte e cunha anchura suficiente para permitir a circulación en paralelo e os adiantamentos en condicións de seguridade.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 "Opciones de diseño de la infraestructura ciclista" (PDF). Guía de recomendaciones para el diseño de infraestructura ciclista (en castelán) (Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana).
  2. ↑ "Infraestructura ciclista - Portal de datos abiertos del Ayuntamiento de Madrid". datos.madrid.es (en castelán).
  3. ↑ "Manual para el diseño de vías ciclistas de Cataluña" (PDF). PTOP (en castelán) (Generalitat de Catalunya. Departamento de Política Territorial y Obras Públicas). ISBN 978-84-393-7753-5.[Ligazón morta]
  4. ↑ "Plan de ciclabilidad para Burgos 2020". Burgos con Bici (en castelán). 14/9/2020.
  5. ↑ "Alemania construirá autopistas exclusivas para bicicletas". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-12-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]