Saltar ao contido

Pitiusas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pitiusas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Perímetro
   3 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   655,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   476 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   476 m Sa Talaiassa Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap17646331 Editar o valor en Wikidata
VIAF124189954 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/021n76 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As Illas Pitiusas (en catalán, Pitiüses) sitúanse no mar Mediterráneo, dentro do arquipélago balear. Consta de dúas illas, Eivisa e Formentera, e múltiples illotes (S'Espalmador, S'Espardell...). Politicamente, forman os Consellos Insulares de Eivisa e Formentera, dentro da comunidade autónoma das Illas Baleares, en España.

O nome de "Pitiusas" xa foi comentado por Plinio o Vello, ao existir gran número de piñeiros que poboaban as dúas illas (pitys é piñeiro en grego). Ao contrario que na actualidade, os gregos e romanos diferenciaban claramente as Pitiusas do resto das Baleares, que denominaban Gimnesias e nas que incluían unicamente a Mallorca e Menorca.

As illas caracterízanse pola presenza de especies e subespecies de mamíferos e réptil endémicos, normalmente de tamaño maior aos seus parentes no continente europeo. A maioría da fauna e flora autóctonas atópanse ameazadas pola proliferación urbanística e a introdución de especies foráneas, especialmente en Eivissa.