Linguas preincaicas no século XVI. A lingua pasto é a máis setentrional.
O nome pasto podería ser unha adaptación ó castelán de past awá ou ‘xente escorpión’.[3] Os pastos estiveron baixo dominación do Imperio incaico, pouco antes da chegada dos españois.[2] Na última década do século XV, os pastos enfrontáronse ó inca Huayna Cápac, quen dende Quito decidiu lanzar unha campaña para conquistar o territorio pasto. É posible que past awá, que significa ‘xente escorpión’, sexa unha imaxe xurdida para referirse a que Huayna Cápac quíxolles pisar a cabeza e picárono coa cola", pois ó ocupar o imperio a zona do actual Ipiales, os pastos refuxiáronse na cordilleira occidental e lograron expulsar ós ocupantes. Os incas preferiron entón avanzar polo piedemonte amazónico a través do territorio dos cofán,[4] pero finalmente foron os españois os que controlaron a rexión e foi o pobo awá quen logrou preservarse da dominación nas selvas da vertente do Pacífico colombiano, mentres que os pastos finalmente deixaron de falar a súa lingua.