Saltar ao contido

Rubiá

Rubiá
 Nome oficial
Rubiá (gl) dende 1985
Rubiana (es) ata 1985 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.796 (2001) rexistro civil
1.767 (2002) rexistro civil
1.685 (2004) rexistro civil
1.663 (2005) rexistro civil
1.638 (2006) rexistro civil
1.617 (2007) rexistro civil
1.590 (2008) rexistro civil
1.585 (2009) rexistro civil
1.583 (2010) rexistro civil
1.561 (2011) rexistro civil
1.557 (2012) rexistro civil
1.518 (2013) rexistro civil
1.494 (2014) rexistro civil
1.473 (2015) rexistro civil
1.448 (2016, 2018) rexistro civil
1.462 (2017) rexistro civil
1.448 (2018) rexistro civil
1.393 (2019) rexistro civil
1.383 (2020) rexistro civil
1.390 (2021) rexistro civil
1.376 (2022) rexistro civil
1.384 (2023) rexistro civil
1.390 (2024) rexistro civil
1.391 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   717 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   676 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   100,7 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   549 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32310 Editar o valor en Wikidata
Código INE32073 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339839 Editar o valor en Wikidata
VIAF153931931 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z4rcf Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 180375 Galiciana: 29402 BNE: XX454938
Wikidata G:Commons C:Commons

Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1494 (2014)
Menores de 15 anos 100 (6,69 %)
Entre 15 e 64 anos 812 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 582 (38,96 %)
Evolución da poboación de Rubiá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3738 4164 4220 3049 1685 1585 1561
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza.[1] Durante a romanización construíronse varias vías.[1]

Na idade media albergou varios mosteiros.[1] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.[1]

Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.[1]

Sendeirismo

[editar | editar a fonte]

Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Lugares de Rubiá

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.

  1. 1 2 3 4 5 "Sitio web do concello. Que ver". Arquivado dende o orixinal o 27-07-2011. Consultado o 10-07-2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.