Saltar ao contido

STS-54

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-54
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Astro pai
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
13 de xaneiro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
92.988 kg aterraxe
18.559 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Duración
   517.099 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   309 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   302 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   28,45 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   90,6 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02jb5n Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-54 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 13 de xaneiro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-54, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 6 e para facer experimentos a bordo do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante John H. Casper, o piloto Donald R. McMonagle e os especialistas de misión Mario Runco, Gregory J. Harbaugh e Susan J. Helms. Entre os experimentos a bordo estaban DXS, CHROMEX, CGBA A, PARE 02 e SSCE. No quinto día de misión, Runco e Harbaugh fixeron unha actividade extravehicular na bodega de carga do transbordador para gañar experiencia en como traballar no espazo, entre outras cousas probando a montarse en agarradeiras para os pés sen usar as mans e simulando ter que transportar cargas voluminosas en microgravedade.[2][3][4][5]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de xaneiro de 1993.[2][3][4][5]

  1. ↑ "Note verbale dated 29 June 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-40651(E)). 20 de xullo de 1993: 8. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 Mark Wade (2011). "STS-54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-54" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]