Sendeiros de gloria
| Sendeiros de gloria | |||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||
Sendeiros de gloria (en inglés: Paths of Glory) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas. Baséase na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935.
En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Estreouse en galego o 14 de abril de 2002 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia desenvólvese en Francia, en 1916. O ataque suicida do Exército francés contra as posicións alemáns no outeiro das formigas (Ant Hill), un punto estratéxico de vital importancia para o desenvolvemento da Primeira guerra mundial, convértese nun fracaso estrepitoso. Para escarmentar as tropas cun castigo exemplar, o xeneral Mireau (George Macready), un dos principais responsables do ataque e do seu fracaso, convoca un consello de guerra: tres soldados elixidos ao azar polos seus superiores son acusados falsamente de covardía ante o inimigo, e enfróntanse á pena de morte por fusilamento.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kirk Douglas - coronel Dax
- Adolphe Menjou - xeneral George Broulard
- George Macready - xeneral Paul Mireau
- Richard Anderson - comandante Saint-Auban
- Wayne Morris - tenente Roget
- Joseph Turkel - soldado Pierre Arnaud
- Ralph Meeker - cabo Philippe Paris
- Bert Freed - sarxento Boulanger
- Kem Dibbs - soldado Lejeune
- Timothy Carey - soldado Maurice Ferol
- Emile Meyer - sacerdote
- John Stein - capitán Rousseau
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edición do sábado". La Vanguardia: 9. 13 de abril de 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sendeiros de gloria na IMDb (en inglés).
- Paths of Glory en Rotten Tomatoes (en inglés)
- Paths of Glory en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1957
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Stanley Kubrick
- Filmes de guerra dos Estados Unidos de América
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes ambientados en 1916
- Filmes sobre a primeira guerra mundial
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes censurados
- Filmes de 1957 con versión en galego