Saltar ao contido

Taiyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taiyo
 Instancia de
Datas
 Lanzamento
24 de febreiro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Wikidata

Taiyo, tamén coñecido como SRATS (Solar Radiation and Thermospheric Satellite), foi un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de febreiro de 1975 a bordo dun foguete M-3C desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Taiyo era un satélite lanzado a órbita para facer investigacións aeronómicas. Tiña forma de octógono de 75 cm de diámetro e 65 cm de altura e estabilizábase mediante xiro. Do corpo do satélite estendíanse catro sondas de plasma unidas a mastros de 0,5 m de longo. A alimentación eléctica era proporcionada por 6000 células solares que cubrían os lados do satélite e que producían ata 15 W de potencia.[1][2][3][4]

A misión do satélite era estudar a ionosfera mediante a observación simultánea da radiación solar ionizante, o albedo ultravioleta da Terra, a composición dos ións positivos e os parámetros do plasma na ionosfera.[1][2][3][4]

O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xuño de 1980.[1][2][3][4]

  1. 1 2 3 4 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SRATS (TAIYO)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
  2. 1 2 3 4 NASA (28 de outubro de 2022). "Taiyo" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SRATS (Taiyo)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2024). "SRATS" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]