Ted Cassidy
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (en) Theodore Crawford Cassidy 31 de xullo de 1932 Pittsburgh | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 16 de xaneiro de 1979 Os Ánxeles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Causa da morte | doenza cardiovascular | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Stetson University West Virginia Wesleyan College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | actor, actor de cinema, actor de dobraxe, actor de televisión, baloncestista, guionista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Theodore Crawford Cassidy, máis coñecido por Ted Cassidy, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 31 de xullo de 1932 e finado nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1979, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Persoa moi alta, de 2 metros e 6 centímetros, normalmente interpretaba personaxes pouco correntes en series de ficción científica ou fantásticas como Star Trek e I Dream of Jeannie, sobre todo é coñecido pola interpretación de Lurch, o mordomo, na serie de televisión da década de 1960 The Addams Family e por realizar a narración de apertura da serie da década de 1970 The Incredible Hulk (serie de televisión). Tamén prestou a súa voz para series de animación como The New Adventures of Huckleberry Finn e Fantastic Four. No cinema participou en Butch Cassidy and the Sundance Kid ou O ouro de Mackenna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ted Cassidy |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |