Saltar ao contido

Vieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vieira
 Nome taxon
    Pecten maximus
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Fonte de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloMollusca
ClaseBivalvia
OrdePectinida
FamiliaPectinidae
TriboPectinini
XéneroPecten
EspeciePecten maximus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Pecten maximus Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05b5q0b Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776082972 Editar o valor en Wikidata
UNIIX2P75G031K Editar o valor en Wikidata
ITIS79683 Editar o valor en Wikidata
OTT449048 Editar o valor en Wikidata
CoL767GC Editar o valor en Wikidata
EOL46467904 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Enciclopedia Galega Universal: 198323
Wikidata G:Commons C:Commons

A vieira, Pecten maximus (Linnaeus 1758), é un molusco bivalvo, moi apreciado comercialmente, caracterizado pola súa cuncha redonda de gran tamaño.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Vieiras á venda.

A cuncha é redondeada (apuntada no vértice) e de valvas desiguais: a inferior ou dereita é cóncava e a superior ou esquerda plana. Ámbalas valvas están percorridas por costelas ben marcadas, en disposición radial, dando a imaxe dun abano. As costelas, á súa vez, están percorridas por finas liñas tamén radiais. O bordo é fino e ondulado.

Poden se apreciar tamén unhas marcas ou rugosidades finas, concéntricas, que corresponden co rexistro do crecemento do animal.

No vértice mostra dúas prolongacións (orellas) simétricas. Estas formacións permiten diferenciar a vieira doutras especies de pectínidos, como a zamburiña ou a volandeira.

A cor da cuncha é moi variable, normalmente castaña, laranxa ou abrancazada; a valva cóncava é máis clara que a valva plana.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Viven en augas profundas da maior parte dos mares, sobre bancos de area limpa e firme preto da costa, até 100 metros de profundidade. Son organismos nadadores e xeralmente atópanse repousando no fondo sobre a súa valva inferior.

Aliméntanse por filtración, polo que ante fenómenos de afloracións masivas de dinoflaxelados (marea vermella) é recomendable evitar o seu consumo.

Son hermafroditas, e maduran primeiro as gónadas masculinas. As gónadas están ben desenvolvidas e son claramente visibles ó abrir a cuncha: a parte laranxa corresponde á gónada feminina e a abrancazada á masculina.

Aproveitamento pesqueiro e comercial

[editar | editar a fonte]

As vieiras son de grande importancia comercial, debido ao saboroso da súa carne, que pode ser consumida en diferentes preparacións culinarias (en empanadas, ó forno etc.).

Captúranse mediante o rastro da vieira desde a embarcación na superficie pero tamén se cultiva en batea. A pesca da vieira adquire principal importancia na ría de Arousa, concretamente en Cambados.

No mercado pódense atopar en fresco ou conxeladas. Cando é en fresco adoita ser de orixe galega, aínda que non sempre, mentres que a vieira conxelada é normalmente de orixe foránea, especialmente inglesa.

A vieira en Galicia

[editar | editar a fonte]
Fito do comezo do Camiño de Santiago desde Fisterra.

A cuncha da vieira é o símbolo por excelencia do peregrino no Camiño de Santiago. A razón é que, ao ser típica das costas de Galicia, os peregrinos levábana ós seus lugares de orixe como proba de que chegaran até o final da viaxe. En realidade, Linneo deu o nome de Pecten jacobeus, ou cuncha de Santiago, á vieira do Mediterráneo, non á especie propia das costas atlánticas.

En Galicia, a vieira recibe tamén os nomes de aviñeira, peregrina, cuncha de pelegrín, xacobea [1] e cascarrón.

  1. ↑ Eladio Rodríguez puntualiza que este nome se aplica propiamente á cuncha que levaban os peregrinos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990). Vieira, zamburiña e volandeira. Xunta de Galicia. 
  • Dirección Xeral de Formación Pesqueira (1999). Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia. 
  • Ríos Panisse, M. Carmen (1977). Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba. Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Ramonell, Rosa (1985). Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]