Saltar ao contido

Alcalá la Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcalá la Real
 Nome oficial
    Alcalá la Real (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
21.523 (2001) rexistro civil
21.517 (2002) rexistro civil
21.806 (2004) rexistro civil
22.038 (2005) rexistro civil
22.129 (2006) rexistro civil
22.324 (2007) rexistro civil
22.524 (2008) rexistro civil
22.783 (2009) rexistro civil
22.759 (2010) rexistro civil
22.758 (2011) rexistro civil
22.870 (2012) rexistro civil
22.682 (2013) rexistro civil
22.324 (2014) rexistro civil
22.036 (2015) rexistro civil
21.758 (2016) rexistro civil
21.758 (2017) rexistro civil
21.758 (2018) rexistro civil
21.605 (2019) rexistro civil
21.709 (2020) rexistro civil
21.623 (2021) rexistro civil
21.556 (2022) rexistro civil
21.587 (2023) rexistro civil
21.581 (2024) rexistro civil
21.496 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   10.993 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   10.612 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   262 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   918 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal23680 Editar o valor en Wikidata
Código INE23002 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344996 Editar o valor en Wikidata
VIAF148998628 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z7czw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: ayuntamientodealcalalareal Twitter: Alcala_la_Real Enciclopedia Galega Universal: 70839 BNE: XX450949 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Alcalá la Real é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Xaén, Andalucía. Está situado a 71 quilómetros de Xaén e a 53 km da cidade de Granada. A súa poboación é de 22.783 habitantes, segundo os datos do INE para o ano 2009. É cabeceira da comarca da Sierra Sur e sitúase no extremo suroeste da provincia, limitando coas provincias de Granada e Córdoba; e cunha superficie de 262,9 quilómetros cadrados.

Alcalá la Real sitúase nunha zona estratéxica que comunica o val do Guadalquivir (a través do río Guadajoz) coas áreas de vega granadinas, a través dos ríos Frailes e Velillos. A súa posición estratéxica, non só sobre o territorio, senón na mesma localización da cidade (sobre o Cerro de la Mota), confírelle unha importancia fundamental en canto ás vías de comunicación ó longo da historia, o cal vén a confirmar a súa importancia cando esta área se converte en zona de fronteira durante a Idade Media co Emirato de Granada.

Advírtese ocupación humana en distintos xacementos do termo municipal desde o Paleolítico e nas fases prehistóricas seguintes coma o Neolítico, o Calcolítico e a Idade de Bronce. Como curiosidade, é probable que esta cidade fora unha das últimas localizacións onde habitaron os Neanderthais. Desde o Bronce Final, nas fases ibéricas antigas, aprécianse asentamentos ibéricos de pequeno rango, coma os núcleos de La Gineta y La Mesa de la Ribera Alta. En época romana advírtense as primeiras evidencias de ocupación do Cerro de La Mota, que poden identificarse coma os primeiros restos da propia Alcalá, se ben pode darse o caso de que estas edificacións romanas puideron arrasar os anteriores estratos ibéricos.

En 713, coa conquista musulmá, a cidade pasa a denominarse Qal`at Bani Zayd, isto é, "fortaleza dos Beni Zayd ou fillos de Zayd", ou, abreviadamente, Al-Qal`a, "a fortaleza", do que procede o seu nome actual. Tamén de época musulmá, concretamente do reinado de al-Hakam II (961-976), data a importante rede de atalaias que se erixiron para defender o territorio das devastacións dos normandos que incluso deixaron sentir os seus efectos nesta zona. Hoxe en día aínda subsisten 12 das 15 atalaias orixinais, que establecían un cinto defensivo en torno á atalaia principal de La Mota.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]