Saltar ao contido

Bengo

Bengo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Governador do Bengo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Dande (pt) Traducir (2024 - ) Editar o valor en Wikidata
 Contén división administrativa
Ambriz (pt) Traducir
Nambuangongo (pt) Traducir
Pango Aluquém (pt) Traducir
Dembos (pt) Traducir
Bula Atumba (pt) Traducir
Dande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
351.579 (2014) censo
716.335 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
20.310 km²
31.371 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1802539 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/029q90 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Bengo é unha das 18 provincias de Angola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade de Caxito, no municipio de Dande, é a capital provincial.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase rodeando Luanda, situada a setenta quilómetros de Caxito. Limita coas provincias de Zaire polo norte, Uige polo nordeste, Cuanza Norte polo leste e Cuanza Sul polo sur.

Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, o Longa e o Kwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura no océano Atlántico. A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo. É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.

O clima é de tipo tropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).

As cidades máis importantes son: Cabo Ledo, Lagoa de Panguila, Porto Kipiri e Funda.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A provincia contaba con 166.000 habitantes en 1991, estimándose para o 2006 de 460.508 persoas.[1]

Municipios

[editar | editar a fonte]

Posúe cinco concellos.

MunicipioCapitalÁrea (km²)Pop. (2006 est)
AmbrizAmbriz4,20416,611
DandeCaxito6,52982,992
Ícolo e BengoCatete3,81958,830
NambuangongoMuxaluando5,604110,831
QuiçamaMuxima12,04629,905

Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo: Bula-Atumba, Dembos, e Pango-Aluquém.[2]

Componse das seguintes comunas:[3]

Economía

[editar | editar a fonte]
Bengo.

A principal actividade económica é a agricultura, centrándose no cultivo de café, algodón, iuca, palmeiras, cítricos, bananas e hortalizas. Tamén traballan a madeira, e realizan labores de pesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar con bambú, madeira, pau preto, bordados.

Tamén hai minería que extrae xofre, xemas, fosfatos, calcarios e cuarzo.

Outro importante motor é a pesca deportiva e a caza.

Ademais do portugués, nesta provincia fálase o congo.

  1. ↑ Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
  2. ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Municipios". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
  3. ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Comunas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]