Saltar ao contido

Briançon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Briançon
 Nome oficial
    Briançon (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    brianzonesi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Briançon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Ten en propiedade
Localización
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
8.215 (1968) censo
9.489 (1975) censo
9.710 (1982) censo
11.041 (1990) censo
10.737 (1999) censo
11.542 (2006) censo
11.876 (2011) censo
12.190 (2013)
12.370 (2015)
12.270 (2016)
11.625 (2017) censo
11.084 (2018) censo
11.339 (2019) censo
10.780 (2020) censo
10.561 (2021) censo
10.748 (2022) censo
11.411 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   5.946 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.679 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   28,07 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
1.167 m punto máis baixo
2.540 m punto máis alto
1.574 m media
1.325 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal05100 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap85421 Editar o valor en Wikidata
VIAF233874917 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/029d2z Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+33-4-92-21-20-72 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: villedebriancon Instagram: ville_de_briancon LinkedIn: mairie-de-briançon Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Briançon (fr. e oc. Briançon) é unha cidade pequena e alpina de Francia, no departamento dos Alpes Altos, pertencente á rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Briançon localízase no cruzamento dos vales da Durance, da Guisane e da Cerveyrette, sobre un outeiro de formación glaciar, a unha elevada altitude. Os seus 1.326 m de media sobre o nivel do mar fan que se lle atribúa a condición de cidade máis elevada de Francia e a segunda de Europa, logo de Davos en Suíza. Porén, non é o poboamento humano estábel máis elevado. Viven nos seus 28,07 km² uns 10.737 habitantes (conforme o censo de 1999).

O val da Durance ábrelle dende o norte, polo monte Montgenèvre, vía cara a fronteira italiana, da que se atopa moi próxima, e dende o sur, camiño cara Gap e a Provenza. As terras de Italia están a só 15 km de Briançon (Turín está a 109 km) e a cidade de Grenoble a 115 km.

Briançon é ao tempo unha estación de esquí, fundada en 1941. É ademais, unha das cidades máis soleadas de Francia, cuns 300 días de sol ao ano e unhas 2.360 horas anuais (máis de 2.500 se descontamos as sombras que proxectan as montañas), e unha humidade relativa media de só o 40%. A peculiaridade do seu clima débese á orientación do val, en dirección norte-sur, o que é infrecuente dentro dos Alpes franceses, o que permite a entrada de aire quente procedente do Mediterráneo, e ao mesmo tempo as cadeas montañosas que bloquean a chegada de nubes.

Coñécese a ocupación humana das terras de Briançon dende a Idade de Bronce. Determinados pobos celtoligures, chamados brigiani, deberían estar na orixe do nome romano Brigantium (coincidente co noso Brigantium). Teñen falado da cidade Estrabón, Tolomeo, Tito Pomponio Ático, Ammiano Marcelino e Plinio o Vello. Na época romana, Briançon formaba parte dos Alpes Cotienos, gobernados no seu tempo polo rei Cotio, e era un punto de paso esencial polos Alpes na vía Domiciana que circulaba de Turín a Arles.

Como consecuencia das invasións bárbaras, a cidade romana reprégase á súa parte xeograficamente máis inexpugnábel, o outeiro que se formou trala erosión glaciar no medio do val da Durance. Pertenceu ao Delfinado dende 1024, pero conformou un territorio á parte, denominado o Couto Briançonés, conformado por cinco pequenas cidades que dispuxeron de prerrogativas especiais ata a Revolución Francesa, moito tempo despois de que o propio Delfinado fose anexionado ao reino de Francia (1349). Ao ser unha vía de paso entre Francia e Italia viviu as consecuencias de conflitos históricos importantes, e o 6 de agosto de 1590 foi tomada por François de Bonne de Lesdiguières no marco das Guerras de Relixión francesas.

Durante este tempo, Briançon avanzou na súa fortificación: despregáronse novas murallas, como a de 1690, e reforzáronse os edificios de carácter militar, creándose novas torres e casteliños nas montañas do arredor, defensas en boa medida deseñadas polo enxeñeiro e arquitecto Sébastien Le Prestre de Vauban. Iso non impediu que no verán de 1692 as tropas savoianas de Vítor Amadeu II de Savoia, no decurso dunha operación militar polo sur do Delfinado, queimase boa parte da cidade. Polo tratado de Ryswick pasa a pertencer aos estados de Savoia en 1697 e regresa a dominio francés en 1713 polo tratado de Utrecht.

En 1815, durante as guerras napoleónicas, Briançon resistiu os ataques dos aliados, e cando o tratado de París se asina, Briançon aínda non se rendera. O carácter militar da cidade non se perdeu, e en 1890 convértese en sede do 159º rexemento de infantaría do exército francés e aínda na época actual ten unha importante vida militar.

En 1990 inaugúrase o sistema de telecabina entre a cidade e a estación de esquí próxima de Serre-Chevalier, co que Briançon se beneficiou do desenvolvemento turístico de inverno.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno8000900010.00011.00012.00013.00019601970198019902000201020202030BriançonEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Cultura e turismo

[editar | editar a fonte]
A fortificación de Vauban

Briançon é unha cidade con numerosos edificios históricos e onde o conxunto defensivo resiste bastante ben conservado. Por iso demandou o recoñecemento da Unesco como Patrimonio mundial canda outras doce vilas-fortaleza planificadas por Vauban, cando se facía o seu 300º cabodano. A decisión do organismo internacional non se coñecerá ata xullo de 2008.

Así pois, a maior importancia arquitectónica da cidade reside nos seus edificios de carácter defensivo e militar, coma o conxunto de casteliños que compoñen a fortificación da vila (o forte de Anjou, o do Randouillet, o das Salettes, así como a ponte do Jour ou a ponte de Asfeld), fundamentalmente edificados nos primeiros anos do século XVIII. A rota das construcións militares prosegue coas torres e defensas da cidade situadas nos montes do arredor, e que controlaban o acceso dos exércitos que procedían de Italia.

Ademais, entre o seu patrimonio relixioso destacan os campanarios da igrexa parroquial de Nosa Señora e San Nicolao (1705-1718), o da antiga capela dos Penitentes negros (segunda metade do XVI), e a antiga igrexa dos Cordeiros (s. XVII), agora propiedade do concello.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]