Saltar ao contido

Comarca de Viana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca de Viana
 Nome oficial
    Viana (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
5.591 (2020)
5.438 (2024) sumatorio Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   746,31 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap10567930 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026x2d1 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 198118 BNE: XX461885
Wikidata C:Commons

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A comarca de Viana tiña 5.591 habitantes en 2020. É unha área de forte envellecemento, pois en 2020 o 39,53 % da poboación (2.210 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 404 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 7,23 %. En 2020 rexistrou 18 nacementos e 128 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -110. A idade media ascendía a 55,62 anos en 2020.[1]

Posición Concello Habitantes[2] Porcentaxe
1º Viana do Bolo 2.818 50,40 %
2º A Gudiña 1.236 22,11 %
3º A Mezquita 1.013 18,12 %
4º Vilariño de Conso 524 9,37 %
Total Comarca de Viana 5.591 100 %
Padrón municipal 2020 5.591 habitantes[1]
Menores de 15 anos 404 (7,23 %)
Entre 16 e 64 anos 2.977 (53,25 %)
Maiores de 65 anos 2.210 (39,53 %)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-01.
  2. ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-01.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.