Saltar ao contido

Mar Amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Amarelo
 Nome orixinal
黄海 (zh-cn)
황해 (ko) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Características
 Conéctase con
Localización
 Afluente do lago
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Profundidade
   152 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   380.000 km² Editar o valor en Wikidata
 Volume
   17 km³ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF247262397 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0df4f Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

As marismas intermareais do mar Amarelo son de grande importancia para a migración das aves e dos paxaros de praia. As investigacións sinalan que esta área é o espazo máis importante para este tipo de paxaros limícolas na súa migración cara ó norte en todo o voo Asia Oriental - Australasia, por onde como mínimo pasan de cada vez dous millóns de aves e a metade na migración cara ao sur.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A extensión setentrional do Mar Amarelo chámase Baía de Corea.

O Mar Amarelo é un dos catro mares nomeados co termo dunha cor común, os outros son o Mar Negro, o Mar Vermello e o Mar Branco.

Extensión

[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Amarelo (que tamén se coñece como "Hwang Hai") do seguinte xeito:[1]

"No sur". O paralelo de 33° 17' norte desde Saisyu To (Quelpart) [agora coñecido como Jeju-do] á China continental.
"No sueste". Desde o extremo occidental de Quelpart ata Ka Nyo ou illa Pinnacle Oeste (34°13'N) no grupo Mengoru, desde alí cara ao punto norte de Oku To (34°22'N), ata a punta oeste das illas Small South Stone (Syo-Zyonan To) e a punta norte da illa Great South Stone (Zyonan To) (34°24'N) ata un punto da costa da Tin To (34°25'N) ao longo da costa noroeste desta illa ata o extremo norte da mesma, e desde alí nunha liña cara ao nordés cara á parte continental de Tyosen (Corea).
  1. ↑ "Limits of Oceans and Seas" (PDF) (3rd ed.). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barter, M.A. (2002). Shorebirds of the Yellow Sea - importance, threats and conservation status. Wetlands International Global Series 9. International Wader Studies 12. Canberra.
  • Barter, M.A. (2005). Yellow Sea - driven priorities for Australian shorebird researchers. pp. 158–160 in: "Status and Conservation of Shorebirds in the East Asian - Australasian Flyway". Proceedings of the Australasian Shorebird Conference, 13-15 de decembro de 2003, Canberra, Australia. International Wader Studies 17. Sydney.