Pokémon Ruby e Sapphire
| Pokémon Ruby e Sapphire | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Pokémon Ruby Version e Sapphire Version (ポケットモンスター ルビー&サファイア Poketto Monsutā Rubī & Safaia?, "Pocket Monsters: Ruby & Sapphire") son as terceiras entregas da serie de videoxogos de rol Pokémon, desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo para Game Boy Advance.
Os xogos foron estreados no Xapón a finais de 2002 e internacionalmente no 2003. Pokémon Emerald, unha edición especial, foi lanzado dous anos despois en cada rexión. Estes tres xogos (Pokémon Ruby, Sapphire e Emerald) son parte da terceira entrega da serie de videoxogos Pokémon, tamén coñecidos como "xeración advanced". Os remakes dos dous xogos, titulados Omega Ruby e Alpha Sapphire, foron lanzados para Nintendo 3DS internacionalmente o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos do lanzamento orixinal de Ruby e Sapphire, agás en Europa, onde foi lanzado o 28 de novembro de 2014.[1]
Pokémon Ruby e Sapphire foron os xogos de GBA máis vendidos, con 16,22 millóns de copias.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pokémon Omega Ruby and Pokémon Alpha Sapphire". 7 de maio de 2014. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ Las 23 consolas más vendidas de la historia. Vandal.elespanol.com. Consultado o 16-03-2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
