A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
O noveno fillo sobrevivente nunha familia de protestantesmetodistas, Crane comezou a escribir relatos cando tiña catro anos e xa publicara varios artigos a idade de 16 anos. Amosando pouco interese nos estudos universitarios, deixou a universidade no ano 1891 para traballar coma xornalista e escritor. A súa primeira novela publicada foi un relato de 1893 sobre o Bowery titulado Maggie: A Girl of the Streets, xeralmente considerado pola crítica coma a primeira obra literaria do naturalismo estadounidense. Acadou a aclamación internacional en 1895 pola súa novela sobre a guerra civil estadounidenseThe Red Badge of Courage, que escribiu sen ter ningunha experiencia en combate. (Ler máis...)
Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais. A franquía Silent Hill ampliouse para incluír varias pezas impresas, dúas longametraxes e videoxogos spin-off. No ano 2013, a serie de xogos vendera máis de 8,4 millóns de copias en todo o mundo. (Ler máis...)
Como primeiro episodio da serie, introduce o mundo e os personaxes principais da serie. O episodio céntrase na familia Stark, e en como o seu señor, Eddard "Ned" Stark, se ve involucrado na política logo de que o rei o escolla para substituír o seu administrador ("Hand of the King") que morreu recentemente. O episodio recibiu valoracións moi positivas, e foi visto inicialmente por 2,2 millóns de espectadores nos Estados Unidos. Unha semana antes da estrea do episodio, HBO fixo que os 15 primeiros minutos da serie estiveran dispoñibles para velos en liña. (Ler máis...)
Image 5
Retrato de Franz Liszt Os Poemas sinfónicos son unha serie de trece obras orquestrais do compositor húngaroFranz Liszt, numerados como S.95-107 no catálogo de Humphrey Searle.[1] Os primeiros doce foron compostos nunha forma perfectamente orixinal, entre 1848 e 1858 (aínda que parte do material empregado foi concibido anteriormente), e o último, Von der Wiege bis zum Grabe ("Do berce ao túmulo"), data de 1882. Estes traballos axudaron a estabelecer o xénero da música programática orquestral (composicións escritas para ilustrar proxectos extramusicais derivados dunha obra teatral, un poema, unha pintura ou obras da natureza). Serviron de inspiración para os poemas sinfónicos de Bedřich Smetana, Antonín Dvořák e Richard Strauss, entre outros.
A intención de Liszt para estas obras cun único movemento, segundo o musicólogo Hugh MacDonald, foi «amosar a lóxica tradicional do pensamento sinfónico».[2] Noutras palabras, o compositor quería que estas obras mostraran unha complexidade na interacción dos seus temas similar á que habitualmente está reservada para o movemento de abertura da sinfonía tradicional; esta sección principal era considerada normalmente como a máis importante no conxunto máis amplo da sinfonía, en termos de logros académicos e de arquitectura musical. Ao mesmo tempo, quería incorporar a capacidade da música programática para inspirar os oíntes a imaxinar escenas, imaxes ou estados de ánimo. Para capturar estas calidades dramáticas e evocadoras e ao mesmo tempo acadar as proporcións do movemento de abertura, combinou elementos propios da abertura e da sinfonía nun deseño modificado da sonata. A composición dos poemas sinfónicos resultou desalentadora. Foron sometidos a un proceso de experimentación continua que incluíu moitas etapas de composición, ensaio e revisión para chegar a un equilibrio na forma musical. (Ler máis...)
Image 6
O libro publicouse orixinalmente no Reino Unido o 26 de xuño de 1997 a través da editorial Bloomsbury. Publicouse nos Estados Unidos o ano seguinte por Scholastic Corporation baixo o título Harry Potter and the Sorcerer's Stone. Gañou a maioría dos premios literarios británicos que foron xulgados por nenos e outros premios nos Estados Unidos. A novela atinxiu os primeiros postos da lista dos máis vendidos de ficción de New York Times en agosto de 1999 e permaneceu aí durante 1999 e boa parte do ano 2000. Traduciuse a, cando menos, 73 linguas, e fíxose unha versión cinematográfica da mesma, así como seis secuelas. A novela vendeu máis de 120 millóns de copias, converténdose no cuarto libro máis vendido de tódolos tempos. A versión en lingua galega foi publicada o 1 de xaneiro de 2003 pola Editorial Galaxia.
A maioría das valoracións foron moi favorables, comentando a imaxinación, o humor, o estilo sinxelo e directo de Rowling e a intelixente construción argumental, aínda que algúns criticaron que os capítulos finais parecían precipitados. A súa escrita foi comparada coa de Jane Austen, unha das autoras favoritas de Rowling, coa de Roald Dahl, cuxas obras dominaban as historias infantís antes da aparición de Harry Potter, e co autor grego Homero. Mentres algúns críticos consideraron que o libro fai unha ollada ao pasado cara ás historias dos internados vitorianos e eduardianos, outros consideraron que sitúa o xénero firmemente no mundo moderno ao presentar problemas éticos e sociais contemporáneos, así como a superar obstáculos como o acoso escolar. (Ler máis...)
Image 7
Mass Effect 2 é un videoxogo de rol e acción desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox 360 o 26 de xaneiro de 2010, e para PlayStation 3 o 18 de xaneiro de 2011. É a secuela do orixinal Mass Effect e segunda entrega da serie homónima. O xogo ten lugar na Vía Láctea durante o século XXII, onde a humanidade se atopa ameazada por unha especie con forma de insecto coñecida como Collectors. O xogador toma o papel do Comandante Shepard, un soldado de elite humano que debe xuntar un equipo e gañarse a súa lealdade para derrotar o inimigo nunha misión suicida. Ao importar unha partida gardada do primeiro xogo, o xogador pode influír nos acontecementos da historia deste videoxogo de diversas formas.
Para este episodio, BioWare cambiou varios elementos da mecánica de xogo, poñendo énfase no aspecto de shooter en terceira persoa e incluíndo os conceptos de munición limitada e rexeneración de saúde. En contraste co enfoque exclusivo na historia principal do Mass Effect orixinal, os desenvolvedores optaron por crear un argumento onde as misións opcionais tivesen a mesma intensidade que a misión principal. O compositor Jack Wall volveu compoñer a banda sonora do xogo, acadando un son máis escuro e maduro para acompañar o ton deste xogo. Mass Effect 2 tamén incluíu varios paquetes de contido descargable publicados dende xaneiro de 2010 ata maio de 2011, que incluíron dende engadidos cosméticos ata novas misións relacionadas coa historia principal. Os máis destacados destes paquetes foron Overlord, Lair of the Shadow Broker e Arrival. (Ler máis...)
Nos inicios do cine sonoro, varios compositores destacados estaban a desexar introducirse no novidoso campo da música de cine, mais Prokofev non era a elección natural para este encargo. Establecido en París por case unha década, a súa música caracterizábase pola experimentación e a disonancia, calidades que non concordaban coas regras culturais predominantes do réxime soviético. Aínda así, Prokofev estaba a prepararse para regresar á súa patria, e considerou o encargo do filme como unha oportunidade para escribir música nun estilo máis popular e accesible. (Ler máis...)
Image 10
Anna May Wong, nada co nome Wong Liu-tsong nos Ánxeles o 3 de xaneiro de 1905 e finada o 3 de febreiro de 1961 en Santa Monica, foi unha actriz estadounidense, considerada a primeira estrela de cine chinoamericana, a primeira desta orixe en gañarse o recoñecemento internacional. Durante a súa carreira actuou no cine mudo, no cine sonoro, na televisión, no teatro e na radio.
Nada no seo dunha familia de chinoamericanos de segunda xeración, Wong sentiuse atraída cara á actuación dende unha idade temperá. Durante a época do cine mudo actuou no filme The Toll of the Sea de 1922, un dos primeiros filmes rodados a cor, e no filme de 1924 de Douglas FairbanksThe Thief of Bagdad, tralo que se converteu nunha icona de moda e acadou a fama internacional en 1924. Frustrada polos papeis secundarios estereotipados que representaba en Hollywood, Wong trasladouse a Europa a finais dos anos 1920, sendo a protagonista de varias obras de teatro e filmes destacados, entre eles o filme de 1929 Piccadilly. Pasou a primeira metade dos anos 1930 viaxando entre os Estados Unidos e Europa realizando diversos traballos no teatro e no cinema. Actuou en varios filmes dos inicios da época do cine sonoro coma Daughter of the Dragon de 1931 e Daughter of Shanghai de 1937, así como xunto a Marlene Dietrich no filme de 1932 de Josef von SternbergShanghai Express. (Ler máis...)
Image 11
O chamado Mozart de Boloña foi copiado en 1777 en Salzburgo (Austria) por un autor descoñecido a partir dun retrato orixinal pedido para a galería de compositores de Giovanni Battista Martini en Boloña (Italia). O aspecto físico e a personalidade de Wolfgang Amadeus Mozart son obxecto de múltiples investigacións na actualidade. O feito de que non se puidesen exhumar os restos de Mozart, debido a que se descoñece o punto exacto no que se localiza a tumba comunitaria na que foi enterrado, nin se conserven máscaras ou moldes mortuorios, confire certo grao de incerteza á aparencia física do compositor. Aínda que existe un suposto cranio de Mozart, a súa autenticidade, máis que cuestionable, non se puido verificar ata o momento. Este cranio ten sido sometido a diversas probas de ADN, comparándoo cos das súas supostas sobriña e avoa materna, mais non só encontraron que o ADN do primeiro non coincidía co das súas dúas familiares, senón que os delas tampouco concordaban entre si. Así mesmo, preservouse un presunto mechón do seu pelo, tamén de dubidosa lexitimidade. Con todo, existen fontes e referencias fiables respecto tanto do seu aspecto e indumentaria como da súa personalidade. Esta información concrétase en obras plásticas, descricións e testemuños da época, que permiten facerse unha idea máis ou menos acertada de como era Mozart física e psicoloxicamente.
En relación á súa indumentaria e efectos persoais, estudos baseados en documentos como a Orde de Suspensión redactada logo da súa morte ou o rexistro dos recibos de compra de traxes, contribuíron moito a esclarecer os gustos de Mozart relativos á roupa. (Ler máis...)
O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo. Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo, acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget". O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell e catro DVD de directo. (Ler máis...)
O xogo céntrase nas aventuras dos fontaneiros Mario e Luigi que tratan de salvar a Princesa Toadstool e os gobernantes de sete reinos distintos, secuestrados polo antagonista Bowser e os seus fillos, os Koopalings. O xogador controla a Mario ou Luigi, derrotando os inimigos que vai atopando saltando enriba deles ou empregando obxectos que lle outorgan poderes máxicos. Nesta edición Mario e Luigi teñen unha serie de habilidades máis grande que nos xogos previos da serie, incluíndo a capacidade de voar ou deslizarse por ramplas. A maiores, Super Mario Bros. 3 introduce outros novos elementos na serie, como novos personaxes inimigos e o uso dun mapa xeral como método de transición entre niveis, que reapareceron e serviron de influencia nas seguintes entregas da serie. (Ler máis...)
A inspiración de Nolan para o filme foi a banda deseñada do Joker de 1940, a novela gráfica de 1988 The Killing Joke e a serie de 1996 The Long Halloween, que conta a orixe de Two-Face. O alcume "Cabaleiro escuro" foi usado para describir a Batman en Batman #1 (1940), nunha historia escrita por Bill Finger. O cabaleiro escuro foi rodado principalmente en Chicago, así como noutras localizacións dos Estados Unidos, o Reino Unido e Hong Kong. Nolan usou cámaras IMAX 70mm para rodar algunhas secuencias, incluíndo a primeira aparición do Joker no filme. Warner Bros. creou inicialmente unha campaña de mercadotecnia viral para O cabaleiro escuro, desenvolvendo páxinas web promocionais e tráileres que recollían escenas de Ledger como o Joker. Ledger morreu o 22 de xaneiro de 2008, algúns meses despois de completar a rodaxe e seis meses antes da súa estrea, por mor dunha combinación tóxica de medicamentos de prescrición médica, o cal incrementou a atención dos medios de comunicación e a asistencia nos cinemas. (Ler máis...)
Dante Alighieri, nado como Durante di Alighiero degli Alighieri en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, foi un escrito, poeta e filósofo, considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Tamén coñecido sinxelamente como Dante, naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, orixinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo e a base da lingua italiana moderna.
A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de inspiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros. (Ler máis...)
Nado nunha familia de clase media, a educación que recibiu Chaikovskii estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865. A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» conformado por un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovskii mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira. (Ler máis...)
Image 5
Niccolò Paganini foi un violinista e compositor que naceu en Xénova o 27 de outubro de 1782 e finou en Niza o 27 de maio de 1840, foi un dos máis famosos virtuosos da súa época e é considerado coma un dos mellores violinistas de tódolos tempos.
A súa perfección técnica era moi elevada: técnicas de arco expresivas e innovacións no uso do staccato e do pizzicato, xunto cun oído absoluto e unha entoación perfecta. (Ler máis...)
Dürer nun selo postal. A Melancolía, 1514. Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.
As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511). (Ler máis...)
Beauvoir escribiu novelas, ensaios, biografías, autobiografías e monografías sobre filosofía, política e temas sociais. Foi coñecida sobre todo polo seu "labor pioneiro na filosofía feminista", O segundo sexo (1949) é unha análise detallada da opresión da muller e un tratado fundacional do feminismo contemporáneo. Tamén foi coñecida polas súas novelas, as máis famosas das cales foron L'Invitée (1943) e Os mandaríns (1954). A súa contribución máis duradeira á literatura son as súas memorias, en particular o primeiro volume, Mémoires d'une jeune fille rangée. (1958), que ten calor e poder descritivo. Tamén foi moi galardoada, entre os premios máis notables destacan o Prix Goncourt de 1954, o Premio Xerusalén de 1975 e o Premio Estatal Austríaco de Literatura Europea de 1978. A súa vida non estivo exenta de polémica: perdeu brevemente o seu posto de profesora tras ser acusada de abusar sexualmente dalgúns dos seus alumnos. Xunto co seu amante de moitos anos, Jean-Paul Sartre, e outros moitos intelectuais franceses, fixo campaña a favor da liberación dos condenados por delitos sexuais contra menores e asinou unha petición a favor da abolición das leis sobre a idade de consentimento en Francia. (Ler máis...)
Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París, a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por Van Gogh e Paul Gauguin, que reflectían unha tendencia nihilista; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre. (Ler máis...)
Liszt é o pai da técnica pianística moderna e do recital. El está na orixe do impresionismo pianístico, do piano orquestral (en Mazeppa, o cuarto estudo de execución transcendente) e do piano literario (Ans de pélérinage, baseada na obra de GoetheWanderjahre) Con Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores: Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin. (Ler máis...)
Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"». (Ler máis...)
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais. (Ler máis...)
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Image 12
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)