Saltar ao contido

Ártabros

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ártabros
Imaxe
 Instancia de
Características
 Grupo cultural
Datas
 Período
Localización
 Situado en
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0c42fn1 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 78937
Wikidata

Os ártabros[1][2] ou arrotrebos[3] (en latín: Artabri ou Arrotrebae) eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da Península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.[4]

Segundo Luís Monteagudo estaban formado por tres subtribos nas que se contan os brigantinos, os lapatiancos e os nerios.[5] configurando un grupo diferenciado dentro do pobo dos galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses galaico-lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cosso (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto doutros galaicos tamén é comentada por Estrabón:

Os que viven máis afastados son os ártabros, na rexión do cabo que chaman Nerio, que separa os flancos occidental e norte. Nela viven tamén célticos, emparentados cos das beiras do Anas. Din que nunha ocasión en que fixeron alí unha campaña militar estes xunto cos túrdulos, fixeron defección tras pasar o río Limia.[6]

Estrabón refírese aos célticos da Beturia, asentados no val do actual Guadiana, e aos túrdulos célticos da costa media de Portugal. Se desertaron tras cruzar o río Limia, despréndese que non atoparon nos brácaros e nos callaecos, as mesmas relacións de identidade que cos célticos do norte.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo Higinio Martins Esteves, na súa obra As tribos Calaicas: proto-história da Galiza à luz dos dados linguísticos, ártabros estaría formada por ARTOS, en latín ursos, que significa 'oso'; e por *MROG, que é 'país fronteirizo'. O oso non faría referencia á presenza do animal nos soutos galegos, senón á constelación da Osa Maior, que sinala o Polo Norte celeste. O mito da Osa Maior é de orixe paneuropea, anterior á difusión que lle deu a Grecia clásica. Así, ártabro sería 'do país limítrofe á Osa'. É dicir, do norte. Mentres que arrotrebas estaría formado por ARRO 'masculino' e TREBĀ 'casa familiar; unidade agraria'. Logo ARROTREBĀS sería 'casas de machos'. Nas designacións propias das tribos era habitual facer alarde da afouteza dos seus membros. Por tanto, para empregar con precisión a lingua calaica, ao referírmonos a esta tribo habería que falar de arrotrebas e non de ártabros.[7]

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ártabro.
  2. ↑ Definición de ártabros no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. ↑ Definición de arrotrebos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. ↑ Vicetto, Benito (1865). Historia de Galicia. Tomo I. Nicasio Taxonera.
  5. ↑ García Alonso, Juan L. La Península Ibérica en la Geografía de Claudio Ptolomeo. Universidade do País Vasco, Servizo Editorial,. p. 151. Consultado o 15 de xuño de 2020.
  6. ↑ Estrabón 3.3.5:
  7. ↑ Martins Esteves, Higinio (2008). As tribos calaicas: proto-história da Galiza à luz dos dados linguísticos (PDF). Edições da Galiza. ISBN 9788493621803. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2017. Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]