François Englert
O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932 e finado en Uccle o 18 de xuño de 2026,[1][2] foi un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén foi Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel,[3] e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]François Englert era un sobrevivente do Holocausto,[5] nacido no seo dunha familia xudía. Durante a ocupación alemá de Bélxica, na segunda guerra mundial, tivo que ocultar a súa identidade xudía vivindo en orfanatos e fogares para nenos nas diferentes cidades belgas de Dinant, Lustin, Stoumont e, por último, Annevoie-Rouillon, onde foi liberado polo Exército dos Estados Unidos.
Carreira académica
[editar | editar a fonte]Graduouse como enxeñeiro eléctrico-mecánico en 1955 da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde obtivo o seu doutoramento en ciencias físicas en 1959. Desde 1959 até 1961, traballou na Universidade Cornell, primeiro como investigador asociado de Robert Brout e logo como profesor adxunto. A continuación, regresou á ULB, onde se converteu nun profesor universitario e uniuse alí por Robert Brout. A partir de 1980 encabezaron o grupo de física teórica. En 1998 converteuse en Emeritus.
O mecanismo Brout-Englert-Higgs
[editar | editar a fonte]En colaboración con Robert Brout, propuxo o mecanismo de Brout-Englert-Higgs para explicar a masa de partículas elementais.[2][6] Un mecanismo similar foi proposto simultaneamente por Peter Higgs[7] a cuxo nome se asocia o bosón de Higgs, tamén chamado bosón de Brout-Englert-Higgs.[8] En 2012, os experimentos ATLAS e CMS do Gran Colisor de Hadróns do CERN confirmou a existencia da partícula.[2]
https://www.milenio.com/ciencia-y-salud/muere-francois-englert-nobel-fisica-padre-boson-higgs
O Mecanismo Brout-Englert-Higgs é o fundamento da teoría electrodébil de partículas elementais e sentou as bases dunha visión unificada das leis básicas da natureza.
Premios e condecoracións
[editar | editar a fonte]Concedéuselle, xunto con Robert Brout e Peter Higgs, o Premio de Altas Enerxías e Partículas da Sociedade Europea de Física en 1997 e o Premio Wolf de Física en 2004 polo mecanismo que unifica a curto e longo alcance interaccións a través da xeración masiva de bosóns vectores gauge. Fixo importantes contribucións á física estatística, teoría cuántica de campos, a cosmoloxía, a teoría de cordas e supergravidade.[9]
En 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a Peter Higgs e o CERN.[2]
Por real Decreto, o 8 de xullo de 2013 François Englert foi ennobrecido como barón polo rei Alberte II de Bélxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Le belge François Englert, prix Nobel de physique pour la découverte du "boson de Higgs", est décédé à l’âge de 93 ans" (en francés). RTBF. 19 de xuño de 2026. Consultado o 20 de xuño de 2026.
- 1 2 3 4 Paz, Adriana (19 de xuño de 2026). "Muere François Englert, el físico belga que descubrió el bosón de Higgs y ganó el Premio Nobel". milenio.com (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2026.
- ↑ Tel Aviv University Sackler Professor Wins Nobel Prize Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ Royal Swedish Academy of Sciences, ed. (8 de outubro de 2013). "The Nobel Prize in Physics 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ USC Shoah Foundation Institute testimony of Francois Englert - USHMM Collections Search Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ F. Englert and R. Brout Phys.Rev.Lett. 13 321 (1964).
- ↑ P. W. Higgs Phys.Rev.Lett. 13 508 (1964).
- ↑ P. W. Higgs Physics Letters 12 132 (1964).
- ↑ "Publication list" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2007. Consultado o 08 de xullo de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Englert |