Saltar ao contido

George E. Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge E. Smith

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1930 Editar o valor en Wikidata
White Plains Editar o valor en Wikidata
Morte28 de maio de 2025 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Barnegat Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago - Doutor en filosofía (–1959)
Universidade de Pensilvania - graduado en ciencias (–1955) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, compoñente electrónico, retoque fotográfico, historia da tecnoloxía, video technology (en) Traducir, semi-conductor laser (en) Traducir e dispositivo de carga acoplada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, científico, fotógrafo, inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBell Labs Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFísica Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 283401186 Editar o valor en Wikidata

George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930 e finado en Barnegat Township, New Jersey, o 28 de maio de 2025,[1] foi un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semicondutores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.

En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.

Boyle e Smith eran grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.

Residiu en Waretown, Nova Jersey.

  1. ↑ Loeb McClain, Dylan (30 de maio de 2025). "George E. Smith, Nobel Winner Who Created a Digital Eye, Dies at 95" (en inglés). The New York Times. Consultado o 30 de maio de 2025.
  2. ↑ El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". Consultado o 12 de outubro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]