Guitiriz
| Guitiriz | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal do INE en 2025 tiña 5.180 habitantes.[1] O xentilicio é guitiricense ou guitiricés.[2]
É un concello de 294 km² de extensión[3] que limita cos concellos de Xermade, Vilalba, Begonte e Friol, na provincia de Lugo, e cos de Sobrado, Curtis, Aranga e Monfero, na da Coruña.[3] Polas súas terras discorre o río Parga, afluente do Ladra na conca alta do Miño, e o concello forma parte da reserva da biosfera Terras do Miño.[4] Ten tradición termal, coas fontes de augas medicinais de Pardiñas, Guitiriz e Parga,[3] e atravésao o Camiño do Norte.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O topónimo Guitiriz ten orixe xermánica. Vén do nome do rei suevo Witerico, a quen se lle atribúe a fundación do lugar no século VI.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]A pegada de poboamentos humanos máis antigos é o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea da Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1990 pola Xunta de Galicia, e os restos arqueolóxicos achados na rocha exhíbense no museo de Viladonga, en Castro de Rei.[3] A carón del hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.
Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas Negradas.
A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.[3]
Por estas terras pasaba a vía romana que unía Lucus Augusti (Lugo) con Brigantium (a Coruña).[3] Na Idade Media varias terras de Guitiriz quedaron supeditadas aos mosteiros: Mariz, As Negradas, San Breixo e Santa Locaia pertencían ao mosteiro de Sobrado, e as parroquias de Labrada, O Buriz e Os Vilares ao mosteiro de Monfero.[3]
No século XIV a totalidade da comarca da Terra Chá, incluíndo Guitiriz e a súa capital, Vilalba, pasaron a ser parte dos dominios de Fernán Peres de Andrade, de cuxa familia serían os primeiros condes de Vilalba durante o reinado dos Reis Católicos.[7]
En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.[3]
Sábese que no século XIX o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[8]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Guitiriz ocupa unha extensión de 294 km²[3] no centro da metade occidental da provincia de Lugo, na comarca da Terra Chá. Limita cos concellos de Xermade, Vilalba, Begonte e Friol, na provincia de Lugo, e cos de Sobrado, Curtis, Aranga e Monfero, na da Coruña.[3]
O relevo está dominado pola chaira da Terra Chá, aínda que ao oeste se erguen a serra da Loba, o cordal de Montouto e a serra da Cova da Serpe, que fan de límite natural coa provincia da Coruña. Na serra da Cova da Serpe acádase a maior altitude do concello, 790 metros, e outros cumios salientables son o Penedo da Pereira (782 m), a Pena Marcada (729 m) e a Pena das Cruces (723 m). A altitude oscila entre eses 790 metros e os 400 metros ás beiras do río Parga, e a vila de Guitiriz está a 445 metros sobre o nivel do mar.[9]
O río máis importante do concello é o río Parga, afluente do Ladra na conca alta do Miño, e os seus tributarios máis destacados son o Boedo e o Requeixo.[9] Os tramos fluviais do Parga, o Ladra e o Támoga forman o espazo natural Parga-Ladra-Támoga, lugar de importancia comunitaria (LIC ES1120003) da Rede Natura 2000,[10] e o concello está incluído na reserva da biosfera Terras do Miño.[4]
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura mínima (°C) | 2.7 | 4.9 | 7.4 | 9.2 | 11.2 | 14.1 | 16.7 | 17.2 | 14.8 | 12.6 | 10.3 | 8.9 | 11.4 |
| Temperatura máxima (°C) | 10 | 12 | 14 | 15 | 18 | 21 | 23 | 24 | 22 | 18 | 13 | 11 | 17.4 |
| Precipacións totais (mm) | 128 | 102 | 79 | 85 | 80 | 42 | 30 | 35 | 68 | 110 | 114 | 135 | 1008 |
| Humidade (%) | 76 | 76 | 73 | 75 | 77 | 77 | 79 | 78 | 78 | 78 | 78 | 77 | 77 |
| Precipitacións (≥ 1 mm) | 14 | 14 | 12 | 13 | 11 | 7 | 5 | 6 | 8 | 12 | 14 | 15 | 131 |
| Horas de sol | 108 | 112 | 155 | 167 | 191 | 220 | 240 | 240 | 179 | 150 | 107 | 93 | 1966 |
| Fonte: AEMET[11] | |||||||||||||
O termo municipal está atravesado pola autovía do Noroeste (A-6) e pola autovía do Cantábrico (A-8), pola estrada nacional N-634, pola antiga estrada N-VI e pola estrada provincial LU-170, que o conecta con Xermade.[9] A vila conta ademais cunha estación de ferrocarril na liña León-A Coruña, con servizos de longa e media distancia operados por Renfe.[12]
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do concello apóiase no sector primario, nunha paisaxe modelada pola actividade agrícola e gandeira propia da Terra Chá,[10] e conta cun polígono industrial inaugurado en 2001, promovido e xestionado por Xestur Lugo.[13] Outro motor económico é o termalismo: Guitiriz está considerada vila termal, coas fontes de Pardiñas, Guitiriz e Parga famosas polas súas augas medicinais, boas para doenzas de fígado, riles, infeccións da pel e trastornos dixestivos.[3][14] O turismo vese impulsado tamén polo paso do Camiño de Santiago e polo Festival de Pardiñas.[15]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como a capela de Santo Alberte de Parga e a de Bascuas (esta última adicada a museo).[16]
Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova. Da fortificación medieval do castelo de Parga, do século XVI, só se conserva unha torre.[17]
O concello conta con varias rutas de sendeirismo sinaladas.[18] Unha delas é a ruta homologada PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, que vai da Ponte de Santo Alberte ata o balneario de Pardiñas, achegándose ata a Fonte de Valdobín e o balneario de Guitiriz.
Cultura
[editar | editar a fonte]Dende 1980 celébrase no lugar de Pardiñas o Festival de Pardiñas, un festival de música folk organizado pola asociación cultural Os Xermolos e declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.[15] En torno aos concertos teñen lugar outros actos, como a Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, mostras de artesanía, exposicións ou a feira do libro.[15] O concello conta tamén cunha banda de música municipal.[19]
Guitiriz na cultura popular
[editar | editar a fonte]Santo Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans presuntamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente [20].
Festas
[editar | editar a fonte]Cada mes de maio celébrase unha concorrida romaría na capela de Santo Alberte.[5]
Gastronomía
[editar | editar a fonte]O doce máis coñecido do concello é a torta de millo, un biscoito artesanal elaborado con ovos, azucre, manteiga e fariña de millo.[21]
Camiño de Santiago
[editar | editar a fonte]O Camiño do Norte atravesa o concello na etapa que une Baamonde con Sobrado dos Monxes: tras pasar pola parroquia de Pígara, o camiño continúa pola capela de Santo Alberte e as parroquias de San Breixo e Santa Locaia de Parga, que despiden o termo municipal.[5] En Santa Locaia de Parga hai un albergue de peregrinos, o albergue Witericus.[22]
Poboación
[editar | editar a fonte]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Guitiriz.
Lugares de Guitiriz
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lugo: Población por municipios y sexo". Instituto Nacional de Estadística (INE) (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 49. ISBN 978-84-8158-706-7.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 "Coñece Guitiriz". Turismo do Concello de Guitiriz. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- 1 2 "Terras do Miño". Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- 1 2 3 "Etapa: Baamonde-Sobrado". Camino de Santiago. Xunta de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ Concello de Guitiriz (ed.). "Guitiriz, Historia". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ Gay Méndez 1995.
- ↑ Pérez López & Seijas Iglesias 2006, pp. 193-194.
- 1 2 3 "Iberpix. Visor cartográfico". Instituto Xeográfico Nacional (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- 1 2 "Parga-Ladra-Támoga". Turgalicia. Turismo de Galicia. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Valores climatolóxicos. Observatorio de Guitiriz". Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Polígono Industrial de Guitiriz". Galicia Naves (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Guitiriz". Asociación Villas Termales (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- 1 2 3 "Festival de Pardiñas". Cultura.gal. Xunta de Galicia. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "ConcellodeGuitiriz.com/monumentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2013.
- ↑ "Etapa Baamonde – Sobrado por Vilar – As Cruces". Turismo do Concello de Guitiriz (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Rutas". Turismo do Concello de Guitiriz. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Banda de música". Concello de Guitiriz. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ Jesús Rodríguez López, 99.
- ↑ "Torta de millo". Turismo do Concello de Guitiriz. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "O Camiño". Turismo do Concello de Guitiriz. Consultado o 16 de novembro de 2026.
- ↑ "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Instituto Nacional de Estadística (INE) (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guitiriz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arribas Arias, Fernando; Blanco Prado, José Manuel (1999). Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos (81). Catálogo de cruceiros da Terra Cha. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-916-4.
- ———; ——— (2000). "Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz" (PDF). Os canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga. Lugo: Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego. pp. 21–41.
- Gay Méndez, A. (1995). O concello de Guitiriz. Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-045-2.
- Pérez López, Jenaro; Seijas Iglesias, Yasmina (2006). Tras las huellas de la cultura y del medio natural de Guitiriz (en castelán). Pérez López, Jenaro. ISBN 978-84-611-0264-8. Archived from the original on 19 de decembro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2021.
- Pérez López, Segundo L. (2019). Unha visita á terra de Parga en 1613. Santiago de Compostela: Xerión. ISBN 978-84-120210-8-0.
- Rodríguez López, J. (1974 (1ª ed. 1895)). Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Celta.

