O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un real decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, San Miguel das Negradas e San Román de Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas). Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.
Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no ano 1952, mediante circular do gobernador civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (sic) o 14 de xullo de 1952, nome dun lugar da parroquia do mesmo nome. En 1983, mediante a Lei de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.
Evolución da poboación vicedense desde 1920 ata o ano 2009:
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.