Saltar ao contido

Loki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loki
 Nome orixinal
    Loptr (non) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
Biografía
 Grupo étnico
 Personalidade
 Superpoder
 Tipo personaxe
trickster (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Patrón de
 Semellante a
Obra
 Representado por
Actividade
 Inimigo/a
 Ocupación
 Residencia
 Membro de
Familia
 Nai
Laufey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
Farbanti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Cónxuxe
 Parella
 Irmá/n
Fontes e ligazóns
VIAF486152138686810982763 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04kyc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Loki en islandés e Loke nas linguas escandinavas continentais (sueco, noruegués e danés) e en variantes xermánicas Lohho é un deus da mitoloxía nórdica. É o deus das bromas e o engano, un ser malévolo e traizoeiro,[1] crese que iniciaría o Ragnarök e ademais é considerado covarde, egoísta e luxurioso.[2]

Entrou en Asgard, o fogar dos deuses, ao conseguir facerse irmán de sangue de Odín a través dun pacto no que compartiron o sangue aínda que era descendente de xigantes.[2]

Imaxe de Loki en Kirkby Stephen, Cumbria.

Loki foi pai de bestas como o lobo Fenrir e a serpe Jörmungandr, e chegou a estar preñado tras comer un corazón de muller e del naceu Sleipnir, o cabalo de Odín.[3]

Paralelismos e homólogos de Loki

[editar | editar a fonte]

Loki ten paralelismos en deuses e personaxes de diversas culturas. En certos aspectos, pode ser comparado con Lugh do panteón celta, asociados con habilidades múltiples e o desafío ás normas e categorías establecidas polos deuses.[4]

Tamén pode atoparse un paralelo con Hermes, na mitoloxía grega, pola súa capacidade para enganar aos deuses e a súa natureza astuta.[5] A historia de Loki pode ser comparada tamén co mito de Prometeo: ambas figuras son castigadas por desafiar aos deuses e sometidas a un castigo eterno.[6] Algúns fontes tamén vinculan a Loki con Saturno/Cronus, particularmente na era viquinga, onde a súa representación coma Saeter podería ser un intento de sincretismo ou interpretatio romana.[7]

Na mitoloxía polinesia, o semideus Māui é tamén un semideus tramposo que, a pesar de causar problemas aos deuses, frecuentemente o fai co obxectivo de beneficiar aos humanos.[8]

[editar | editar a fonte]

Literatura, anime e BD

[editar | editar a fonte]

Loki aparece en animes e mangas como Kenichi, Matantei Loki Ragnarok, Boku Girl, High School DxD Born e Saint Seiya.

Loki é un personaxe na obra de Neil Gaiman The Sandman e en American Gods un criminal chamado «Low Key Lyesmith» revélase logo como Loki.

A novela curta Loki: Historia de un cambiante, de Manuel Escutia trata da vida de Loki segundo distintas versións da mitoloxía.[9]

Aparece na banda deseñada Thor de Marvel Comics.

Audiovisuais

[editar | editar a fonte]
Loki en Stories from Northern Myths. Fotografía de 1914.

É interpretado por Tom Hiddleston nos filmes de Marvel Thor (2011), Thor: the Dark World (2013), Thor: Ragnarok (2017), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), na serie de Disney +, Loki (2021 e 2023) e na serie animada What If...? (2021).

Na serie de TV Supernatural, o arcanxo Gabriel descende á terra e toma a forma de Loki ante o resto de deuses pagáns.

Na serie Stargate, un científico de la raza alienígena asgard chamado Loki era o responsábel de abducións de seres humanos para estudalos.

O filme The Mask trata sobre unha máscara que en realidade é o deus Loki desterrado por Odín de Asgard e convertido en máscara, facendo que o que a poña adquira poderes sobrenaturais. Aparece tamén no filme Shūmatsu no Valkyrie.

É un personaxe dos videoxogos Smite, Persona 5, The Binding of Isaac, Warframe e God of War, e aparece nos xogos de cartas da franquía Yu-Gi-Oh!

Área do volcán Loki, en Ío, satélite de Xúpiter, fotografado pola sonda Voyager.

Vulcanismo e astronomía

[editar | editar a fonte]

Existe un xigante de lume denominado Logi; debido á similitude na pronuncia, moitas veces é confundido con el e asóciase co lume. Richard Wagner presentou a Loki baixo o nome xermanizado de Loge na ópera Das Rheingold (O ouro do Rin).[10]

En Escandinavia, a estrela Sirius era chamada Lokabrenna, algo así como «a tea de Loki».[11][12][13]

Na lúa Ío, o satélite máis próximo a Xúpiter está o volcán Loki, o máis activo do Sistema solar.

O volcán Laki está situado no sur de Islandia, preto do canón de Eldgjá e a vila de Kirkjubæjarklaustur. Aínda que nalgúns contextos, Laki e Loki foron confundidos ou asociados pola súa similitude fonética e semántica, na realidade non está verificado que estean etimoloxicamente conectados. "Laki" en islandés pode provir de "fenda", ou, pola súa forma, dos estómagos de ruminantes.[14]

  1. ↑ Lindow, John (2002-10-17). Norse Mythology: A Guide to Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-983969-8.
  2. 1 2 "Prose Edda (Full Text)". Mythopedia (en inglés). Consultado o 2023-10-14.
  3. ↑ Crossley-Holland, Kevin (1980). The Norse myths. New York : Pantheon Books. ISBN 978-0-394-50048-5.
  4. ↑ MacKillop, James (1998). Dictionary of Celtic mythology. Oxford ; New York : Oxford Universtiy Press. ISBN 978-0-19-869157-0.
  5. ↑ Bremmer, Jan; Erskine, Andrew, eds. (2010-07-30). "The Gods of Ancient Greece". OUP Academic (en inglés). doi:10.3366/edinburgh/9780748637980.001.0001.
  6. ↑ Kerényi, Karl (1963). Prometheus : archetypal image of human existence. [New York : Bollingen Foundation; distributed by] Pantheon Books.
  7. ↑ Larrington, Carolyne (2017-02-14). The Norse Myths: A Guide to Viking and Scandinavian Gods and Heroes (en inglés). National Geographic Books. ISBN 978-0-500-25196-6.
  8. ↑ charlz, mommy (2023-02-27). "How Maui Slowed The Sun Story With Moral Lesson And Summary". EnglishTutorHub (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2023. Consultado o 2023-10-14.
  9. ↑ "Lektu - Descargar Ebook Loki: Historia de un cambiante". Lektu (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2023. Consultado o 2023-10-14.
  10. ↑ "Wagnermania: Das Rheingold -- Sinópsis". www.wagnermania.com. Consultado o 2023-10-14.
  11. ↑ Cleasby, Richard; Guðbrandr, Vígfusson (1957). Oxford University Press, ed. An Icelandic-English Dictionary (en inglés e islandés) (2ª ed.). Oxford, Reino Unido. pp. 79, 594. ISBN 978-0198631033.
  12. ↑ The Viking Answer Lady. "Viking Age Star and Constellation Names" (en inglés). Loki's brand; Loki's torch", Sirius. Under brenna Cleasby says, "According to Finn Magnusson (Lex. Mythol.) Sirius is called Loka brenna, 'the conflagration of Loki', referring to the end of the world.
  13. ↑ "Viking Age Star and Constellation Names" (en inglés). «Loki's brand; Loki's torch», Sirius. Under brenna Cleasby says, «According to Finn Magnusson (Lex. Mythol.) Sirius is called Loka brenna, 'the conflagration of Loki', referring to the end of the world.»
  14. ↑ "Af hverju heitir fjallið Laki, sem Lakagígar eru nefndir eftir?". Vísindavefurinn (en islandés). Consultado o 2023-10-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]