O señor Bean
| O señor Bean | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
O señor Bean (título orixinal en inglés: Mr. Bean) é unha serie de televisión británica creada por Rowan Atkinson e Richard Curtis, producida por Tiger Aspect e protagonizada polo propio Atkinson. A serie componse de 15 episodios que foron escritos por Atkinson xunto con Curtis e Robin Driscoll; o episodio piloto foi escrito xunto con Ben Elton. A serie emitiuse orixinalmente a través de ITV, dende o 1 de xaneiro de 1990 até o 15 de decembro de 1995.
Baseada nun personaxe desenvolvido orixinalmente por Atkinson mentres estudaba para o seu máster na Universidade de Oxford, a serie céntrase no señor Bean, descrito por Atkinson como "un neno no corpo dun home adulto", xa que el resolve diversos problemas que presentan as tarefas cotiás e con frecuencia provoca desordes no proceso.[1] A serie estivo influenciada por actores de comedia física como Jacques Tati e os dos primeiros filmes mudos.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Mr. Bean: É un neno atrapado no corpo dun adulto, algo do que non ten conciencia. A xente non o comprende, e sofre polo rexeitamento que sente por parte dos demais.
Teddy: É un osiño de peluche adaptado por Bean ó mundo real e do que non se separa xamais.
Longametraxes
[editar | editar a fonte]En 1997, estreouse Bean, un filme baseado na serie de televisión; e en 2007 estreouse a segunda adaptación cinematográfica chamada Mr. Bean's Holiday.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Atkinson has Bean there and he's done with that". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Señor Bean Arquivado 18 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)