Saltar ao contido

Serramoura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Serramoura
 Título
    Serramoura (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
5 de outubro de 2014 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
25 de outubro de 2020 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   173 Editar o valor en Wikidata
 Formato imaxe
   16:9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt4093912 Filmaffinity: 294710
Facebook: serramoura.serie Twitter: serramoura_tvg Instagram: serramoura.serie Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros.

Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.

En Serramoura, unha pequena aldea ficticia que vive da explotación madeireira, Mónica Triáns (Sara Casasnovas) aparece morta no medio do monte con claros signos de se tratar dun asasinato violento. Perante o homicidio, é enviado á vila Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco), que xunto coa sarxento local Marga Neira (Lucía Regueiro), tentarán dar coa solución do caso.

Porén, a idiosincrasia da aldea, o conflito de intereses entre as dúas principais familias, os Soutelo e os Fiúza, que pelexarán polo control do serradoiro, e os segredos que todos os habitantes da aldea gardan, farán da resolución do caso unha tarefa complicada.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
  • Marga Neira (Lucía Regueiro). Sarxento da Garda Civil.
  • Diego Bazán (Miguel Ángel Blanco). Sarxento da Garda Civil que chega á vila para resolver o caso de Mónica Triáns.
  • Tomás Penedo (Alfonso Agra). Tenente do cuartel.
  • Enrique "Quique" Parcero (Miguel Canalejo), cabo da Gardia Civil.
  • Raquel Neira (Isabel Naveira). Irmá da inspectora Marga Neira e administrativa do serradoiro dos Soutelo. Estivo casada con Pancho e ten un fillo de Gonzalo Soutelo.
  • Dona Teresa (Uxía Blanco). Nai de Gonzalo Soutelo.
  • Evaristo Fiúza (Antonio Mourelos). Pai de Román e cacique de Serramoura, dono da meirande parte dos terreos, empresas e propiedades do pobo.
  • Román Fiúza (Chechu Salgado). Fillo dos Fiúza. É socio dun invernadoiro e mantén unha relación con Álex.
  • Gloria Fiúza/Moscoso (Sabela Arán). Muller de Evaristo Fiúza e madrasta de Román Fiúza.
  • Hugo Aradas (Tito Asorey). Avogado da familia Fiúza.
  • Mario Piñeiro alias Santos (Monti Castiñeiras). Delincuente habitual de Serramoura
  • Francisco "Pancho" Suárez (Xabier Deive). Traballa no empresa de madeira de Evaristo Fiúza, marido Raquel Neira e pai de Álex.
  • Ramón "Moncho" Neira (Miguel Borines). Pai de Marga e Raquel Neira.
  • Luz (Mariana Expósito). Camareira da taberna de Evaristo Fiúza.
  • Peixe (Andrés Giráldez).
  • Roi Quiroga (Xúlio Abonjo). Sarxento da Garda Civil que substitúe a Diego Bazán.
  • Patri (Sonia Méndez). Cabo da Garda Civil.

Personaxes secundarios

[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Román das Encrobas (Cerceda), usada na ficción como igrexa parroquial de Serramoura.

Episodios e audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Nº Episodios Estrea Final Audiencia media
EspectadoresCota
1 24 5 de outubro de 2014 22 de marzo de 2015 181 000 15,0%
2 15 4 de outubro de 2015 17 de xaneiro de 2016[2] 167 000 15,2%
3 9 8 de maio de 2016[3] 10 de xullo de 2016 132 000 12,3%
4 18 2 de outubro de 2016 29 de xaneiro de 2017 181 000 17,4%
5 21 5 de febreiro de 2017 25 de xuño de 2017
6 20 22 de outubro de 2017 28 de febreiro de 2018 122 000 12,4%
7 15 11 de marzo de 2018 17 de xuño de 2018 124 000 12,2%
8 16 7 de outubro de 2018 20 de xaneiro de 2019 112 000 11,5%
9 18 27 de xaneiro de 2019 9 de xuño de 2019
10 10 3 de maio de 2020 5 de xullo de 2020
11 7 13 de setembro de 2020 25 de outubro de 2020 89 000 10,6%
Total 173 2014 2020 133 890 12,9%

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado a 9 premios en 8 categorías, resultando gañador no premio á mellor serie de televisión. Nos Premios Mestre Mateo de 2015, Serramoura volve estar nomeada a 9 premios en 9 categorías.

AnoCategoríaReceptorResultado
2014Mellor serie de televisiónVoz Audiovisual para TVGGañadora
Mellor directorMiguel Conde e Jorge SaavedraNomeados
Mellor actriz protagonistaLucía RegueiroNomeada
Mellor actor secundarioAntonio MourelosNomeado
Monti CastiñeirasNomeado
Mellor guiónAlberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé MoraisNomeados
Mellor música orixinalManu CondeNomeado
Mellor sonAlfonso Couceiro e Víctor SeixoNomeados
Mellor fotografíaXosé Manuel NeiraNomeado
2015Mellor serie de televisiónVoz Audiovisual para TVGGañadora
Mellor directorMiguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel A. EspiñeiraNomeados
Mellor actor secundarioMonti CastiñeirasNomeado
Mellor guiónAlberto Guntín, Víctor Sierra e Xosé MoraisNomeados
Mellor dirección de arteÁngel AmaroNomeado
Mellor dirección de produciónPaula FernándezNomeada
Mellor montaxeMarisol Torreiro, Dani Castro, Óscar González, Lu Rodríguez, Pablo Muñoz e Pablo PazNomeados
Mellor música orixinalManu CondeNomeado
Mellor sonAlfonso Couceiro e Víctor SeixoNomeados

Celtic Media Festival

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaReceptorResultado
2015Mellor serie de dramaVoz Audiovisual para TVGNomeado

Emisión noutros países

[editar | editar a fonte]

Desde o 25 de outubro de 2016[4] a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.

Tamén se emitiu nos Estados Unidos baixo o nome de Black Forest.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]