Saltar ao contido

Ampuero

Ampuero
 Nome oficial
    Ampuero (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.517 (2001) rexistro civil
3.602 (2002) rexistro civil
3.671 (2004) rexistro civil
3.682 (2005) rexistro civil
3.837 (2006) rexistro civil
3.951 (2007) rexistro civil
4.052 (2008) rexistro civil
4.179 (2009) rexistro civil
4.183 (2010) rexistro civil
4.230 (2011) rexistro civil
4.281 (2012) rexistro civil
4.255 (2013) rexistro civil
4.228 (2014) rexistro civil
4.184 (2015) rexistro civil
4.181 (2016) rexistro civil
4.222 (2017) rexistro civil
4.219 (2018) rexistro civil
4.288 (2019) rexistro civil
4.319 (2020) rexistro civil
4.368 (2021) rexistro civil
4.384 (2022) rexistro civil
4.455 (2023) rexistro civil
4.471 (2024) rexistro civil
4.518 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   2.122 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   2.166 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   32,34 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   11 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal39840 Editar o valor en Wikidata
Código INE39002 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344280 Editar o valor en Wikidata
VIAF136186895 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rs8cw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 73799 BNE: XX452960
Wikidata C:Commons

Ampuero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita cos municipios de Limpias, Liendo, Voto, Guriezo e Rasines.

A súa localización no centro da comarca de Asón-Agüera estableceuna de cabeceira comarcal, posuíndo importantes servizos e un polígono industrial nas súas proximidades. Este municipio ten varios atractivos como son a pesca de troita e salmón e a respectiva gastronomía, como tamén a festa da Virxe Nena, declarada de interese turístico rexional cos populares encerros taurinos. Ten unha superficie de 32,3 km², e está a unha distancia de 55 quilómetros de Santander, a capital cántabra.

Localidades

[editar | editar a fonte]
Casa consistorial de Ampuero.
Vista aérea de Ampuero.

Núcleo de poboación

[editar | editar a fonte]

Ampuero é á súa vez a capital do municipio. Localízase a 11 metros sobre o nivel do mar. No 2006 contaba cunha poboación de 1.946 habitantes (INE).

Da capital destaca a igrexa de Santa María (século XVI-XVII), que foi declarada Ben de Interese Local no 2002.

Atópase nas beiras do río Ason.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno3400360038004000420044004600200020052010201520202025AmpueroEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Economía

[editar | editar a fonte]

O 7,7 % da poboación de Ampuero emprégase no sector primario, o 16,6 % na construción, o 31,7 % na industria e o 44 % no sector servizos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Neste municipio destacan os seguintes bens de interese cultural:

  • A igrexa parroquial de Santa Mariña, en Udalla, con categoría de Monumento. Trátase dunha igrexa gótica dos séculos XIV e XV con dúas ábsidas semicirculares e dúas naves paralelas.
  • A casona de Espina coa torre e a portalada, con categoría de Monumento. Está no barrio La Bárcena, de planta cadrada.
  • O Santuario da Ben Aparecida, en Hoz de Marrón, con categoría de conxunto histórico, segundo declaración do ano 1983. Atópase nun monte e é a patroa da comunidade autónoma de Cantabria.

Ademais, hai un ben de interese local, que é a igrexa parroquial de Santa María, e dous bens inventariados: a ferrería preindustrial ou ferrería xunto ao río Vallino e o muíño-ferrería en Entrambosríos.

Por último, pode sinalarse a típica arquitectura popular serrana con casas con balconadas e miradoiros e rúas estreitas.

Administración

[editar | editar a fonte]

María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE) é a actual alcaldesa do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 1095 42,39 % 5
PP 933 36,12 % 5
IU 185 7,16 % 1
  • Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 891 33,93 % 4
PP 809 30,81 % 4
PRC 474 18,05 % 2
IDA 260 9,90 % 1
  • Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]