Saltar ao contido

Arnuero

Arnuero
 Nome orixinal
    Arnuero (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Arnuero (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.796 (2001) rexistro civil
1.900 (2002) rexistro civil
1.937 (2004) rexistro civil
1.956 (2005) rexistro civil
2.026 (2006) rexistro civil
2.073 (2007) rexistro civil
2.141 (2008) rexistro civil
2.122 (2009) rexistro civil
2.117 (2010) rexistro civil
2.101 (2011) rexistro civil
2.115 (2012) rexistro civil
2.122 (2013) rexistro civil
2.107 (2014) rexistro civil
2.125 (2015) rexistro civil
2.091 (2016) rexistro civil
2.098 (2017) rexistro civil
2.108 (2018) rexistro civil
2.103 (2019) rexistro civil
2.106 (2020) rexistro civil
2.144 (2021) rexistro civil
2.170 (2022) rexistro civil
2.255 (2023) rexistro civil
2.272 (2024) rexistro civil
2.300 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.041 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.062 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   24,66 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   24 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal39195 Editar o valor en Wikidata
Código INE39006 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344277 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734469 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07gs7n Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 78353 BNE: XX459447
Wikidata C:Commons

Arnuero é un concello costeiro da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da histórica comarca de Trasmiera. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo leste con Noja e Argoños, polo sur con Meruelo e Escalante, e polo oeste con Bareyo.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Arnuero é tamén localidade do concello, e contaba no 2008 con 2 091 habitantes (INE). A localidade está situada a 43 quilómetros de Santander. En Arnuero atopamos a igrexa da Asunción, que posúe un retablo renacentista, e que foi declarada ben de interese cultural no ano 1993.

Economía

[editar | editar a fonte]

Até non hai moito tempo, a súa base económica era a gandaría e a agricultura. Nos últimos anos, a economía foise decantando polo turismo. Un 8,7 % da poboación do concello emprégase no sector primario, un 15,5 % na construción, un 20,9 % na industria e un 54,9 % no sector servizos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Ten catro praias e é un lugar turístico importante da rexión. Ten como atractivo os seus areais, a súa gastronomía (baseada en produtos hortícolas cultivados nas súas terras) e os seus peixes e mariscos.

Dentro do seu patrimonio, destacan varios bens de interese cultural con categoría de monumento:

  • En Isla atópase o palacio dos Condes de Isla-Fernández, a torre de Cabrahigo, a torre medieval e a igrexa de San Xulián e Santa Basilisa.
  • En Castillo Siete Villas está a torre de Venero.
  • Na capital municipal está a igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XVI, que provén dun mosteiro medieval fundado polos visigodos arredor do ano 650; e o muíño de Castellanos.

Ademais, están protexidos o centro histórico de Isla como lugar ou ruta cultural, e o Hospital de Peregrinos, tamén de Isla, que é ben inventariado.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno1700180019002000210022002300200020052010201520202025ArnueroEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Administración

[editar | editar a fonte]

Debido ao aumento demográfico, no 2007 a corporación municipal pasou de ter 9 edís a ter 11. Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003, 2007 e 2015.[1]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PP 988 71,65 % 7
PSOE 198 14,36 % 1
PRC 165 11,97 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PP 963 64,11 % 8
PRC 224 14,91 % 2
PSOE 187 12,45 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015
PartidoVotos %Concelleiros
PP 1.002 73,3 % 8
PRC 226 16,5 % 2
PSOE 114 8,3 % 1
  • Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).
Isla.
  • "La Cruz del Cincho": Consiste na colocación cada 50 anos dunha cruz sobre o cumio do Cincho. Esta tradición remóntase ao ano 1763 e a última vez que se celebrou foi no 2000.
  • Semana Santa: Na vila de Soano é tradición facer celebracións dende o venres Santo até o luns de Pascua.
  • San Isidro, o 15 de maio
  • Día da Rexión, primeiro domingo do mes de xuño, dedicada ao folclore de Cantabria.
  • San Pedro, o 29 de xuño, en Castillo Siete Villas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]