Saltar ao contido

Santoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santoña
 Nome orixinal
    Santoña (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Santoña (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
11.567 (2001) rexistro civil
11.593 (2002) rexistro civil
11.521 (2004) rexistro civil
11.592 (2005) rexistro civil
11.534 (2006) rexistro civil
11.574 (2007) rexistro civil
11.601 (2008) rexistro civil
11.569 (2009) rexistro civil
11.584 (2010) rexistro civil
11.465 (2011) rexistro civil
11.451 (2012) rexistro civil
11.382 (2013) rexistro civil
11.222 (2014) rexistro civil
11.088 (2015) rexistro civil
11.085 (2016) rexistro civil
11.004 (2017) rexistro civil
11.050 (2018) rexistro civil
11.024 (2019) rexistro civil
11.019 (2020) rexistro civil
11.011 (2021) rexistro civil
10.857 (2022) rexistro civil
10.892 (2023) rexistro civil
10.944 (2024) rexistro civil
10.835 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   5.650 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.374 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   11,53 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   7 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal39740 Editar o valor en Wikidata
Código INE39079 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340801 Editar o valor en Wikidata
VIAF131521354 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026m5sp Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX451219
Wikidata G:Commons C:Commons

Santoña é unha vila que se encontra na zona oriental de Cantabria, en España, situada na baía do seu nome, ao pé do monte Buciero. Dista uns 45 km da capital, Santander. A cidade de Santoña está limitada ao norte pola praia de Berria, ao sur pola praia de San Martín, ao leste polo monte Buciero e ao oeste polo porto pesqueiro e a nova sección de porto deportivo que á súa vez ten ao oeste as marismas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A acción do curso baixo do río Asón formou a chamada ría de Treto que desemboca no estuario e cuxos sedimentos de abundantes limos formaron o ecosistema da marisma santoñesa. O monte Buciero elévase a uns 400 m; ocupa unha superficie maior que a metade do total do Municipio. En tempos pasados as súas ladeiras estaban roturadas con socalcos que se aproveitaban para o cultivo. Na actualidade a súa vexetación é de sotobosque e matogueira, con loureiros, abruñeiros, abeleiras, teixos e érbedos. A base do monte polo lado que dá ao mar está configurada por unha costa irregular e sinuosa que ofrece un grande acantilado. Rodeando o monte polo seu lado sur encóntrase a praia de San Martín, que é a entrada á baía. Fronteiro a esta praia aparece un areal chamado O Puntal, pertencente á localidade de Laredo. Coa praia de San Martín comeza a cidade pola parte sur.

Panorámica da Reserva Natural das Marismas de Santoña e Noja vista desde o monte Buciero. En primeiro plano aparece a poboación de Santoña e á dereita Berria.
Praia de Berria desde o leste. Ao fondo apréciase O Brusco, límite entre esta poboación e Noja

A praia de Berria encóntrase no norte de Santoña. Formouse polos arrastres que depositaron dúas correntes de mar de dirección contraria, N-S e S-N. Santoña era na antigüidade case unha illa e as súas augas vertían por esta parte da praia, mais foise enchendo a saída da auga pola acción dos ventos, formando un banco de area e unha liña de dunas con vexetación que foron impedindo o escoamento para o mar norte e formaron así un istmo, que son as actuais marismas. Parece ser que o canal que atravesa as marismas, chamado Canal de Boó, era o que efectuaba o dito escoamento. As marismas son dun gran valor ecolóxico, reserva natural e zona protexida. Abarcan 3.500 hectáreas nas que están comprendidas unha parte de Noja, Colindres e Limpias, ademais da grande extensión da propia Santoña.

No límite oeste do Municipio encóntrase outro monte chamado o Brusco, dunha altitude de 250 m. e para o sur oeste o monte Montehano, xa no municipio de Escalante, onde está en convento do mesmo nome. Neste convento están sepultados os restos de Bárbara Blomberg, mai de Xoán de Austria.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno10.80011.00011.20011.40011.60011.800200020052010201520202025SantoñaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 3270 45,21 % 9
PP 2316 32,02 % 6
PRC 793 10,96 % 2
  • Alcalde electo: María Puerto Gallego Arriola (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 3295 48,34 % 9
PP 2183 32,02 % 6
PRC 704 10,33 % 1
MFE 489 7,17 % 1
  • Alcalde electo: María Puerto Gallego Arriola (PSC-PSOE).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]