Saltar ao contido

Tresviso

Tresviso
 Nome oficial
    Tresviso (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
tresvisano (it)
tresvisiego (ast)
tresvisiegos (ast)
tresvisiega (ast)
tresvisiegu (ast)
tresvisiegues (ast) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
59 (2001) rexistro civil
55 (2002) rexistro civil
63 (2004) rexistro civil
69 (2005) rexistro civil
76 (2006) rexistro civil
85 (2007) rexistro civil
82 (2008) rexistro civil
80 (2009) rexistro civil
78 (2010) rexistro civil
74 (2011) rexistro civil
74 (2012) rexistro civil
70 (2013) rexistro civil
69 (2014) rexistro civil
71 (2015) rexistro civil
71 (2016) rexistro civil
70 (2017) rexistro civil
64 (2018) rexistro civil
62 (2019) rexistro civil
59 (2020) rexistro civil
59 (2021) rexistro civil
54 (2022) rexistro civil
58 (2023) rexistro civil
53 (2024) rexistro civil
52 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   18 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   44 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   16,23 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   907 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal33554 Editar o valor en Wikidata
Código INE39088 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345453 Editar o valor en Wikidata
VIAF316732993 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012hcnqv Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX452634
Wikidata C:Commons

Tresviso é un concello situado no extremo occidental da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. É un dos máis pequenos de Cantabria, tanto por extensión como por poboación, tendo censados no 74 habitantes (INE 2011), e componse dun só núcleo. A localidade está situada a 907 metros de altitude e atópase a unha distancia de 91 quilómetros da capital cántabra, Santander.

Limita polo norte con El Valle Altu de Peñamellera e El Valle Baju de Peñamellera (Asturias), polo sur con Cillórigo de Liébana, polo leste con Peñarrubia e polo oeste con Cabrales (Asturias).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome Tresviso provén da derivación montañesa tres-visu do latín trans visum, ou ben do tamén latín trans abyssum, "tralo abismo".

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Acceso a Tresviso pola Senda de La Peña.

Tresviso áchase nun burato de paredes calcarias preto do Río Urdón. Limita, co Cantu la Jorcaúra e Las Ruyas, polo norte; El Cuetu, polo sur; os invernais de Prías e a senda de Urdón, polo leste; e a Loma de la Mesa, polo oeste.

Este municipio caracterízase polo illamento no que a comunicacións se refire. De feito, o único acceso por estrada que existe realízase desde a localidade asturiana de Sotres e é necesario cruzar o Jitu Escarandi.

Para os excursionistas, destacar a subida de 6 quilómetros pola senda de La Peña que separa Tresviso de Urdón. Nela sálvase un desnivel duns 825 metros a través dun tortuoso sendeiro cheo de curvas no que destaca o impoñente balcón de Pilatos, un miradoiro natural do Río Urdón en completa verticalidade cunha caída de máis de 600 metros.

Outra rota montañeira que pode facerse, desde Tresviso, é a ascensión ao Cuetu la Cerralosa, a 1.552 metros de altitude, así como outros cumios próximos: Cantu la Jorcaúra, Cuetu las Rubias e o Cantu Sulasfuentes.

Economía

[editar | editar a fonte]

Situado integramente no Parque Nacional dos Picos de Europa, Tresviso ten como principal actividade a gandaría de vacún, ovino e caprino, sendo o produto máis famoso o queixo picón de Tresviso. Tamén cabe destacar unha incipiente actividade turística. Este feito está freando lixeiramente a tendencia emigratoria que viña arrastrando Tresviso en particular e a zona en xeral. Un 30 % da poboación activa de Tresviso emprégase no sector primario, un 25 % na construción e un 45 % no sector terciario. Cabe destacar a inexistencia de actividade industrial no municipio.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno5055606570758085200020052010201520202025TresvisoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 28 47,46 % 1
  • Alcalde electo: Francisco Javier Campo Campo (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PSOE 44 63,77 % 1
  • Alcalde electo: Francisco Javier Campo Campo (PSC-PSOE).

Celébrase a Festa do Ramo polo San Pedro, o 29 de xuño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adrados, M.Á.: «Ruta D-1. Tresviso. Visita (ascensión) a la aldea desde Urdón», en Picos de Europa, Ascensiones y travesías de dificultad moderada. ISBN 84-922363-3-7, páxinas 108-111.
  • Obregón Goyarrola, F.: «39. Tresviso. Ascensión desde Urdón», en 50 rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-20-X, páxinas 216-220.
  • Obregón Goyarrola, F.: «93. El Cuetu la Cerralosa (1559). Circuito-ascensión desde Tresviso», en Nuevas rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-36-6, páxinas 232-236

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]