Camaleño
Nome orixinal
Camaleño (es)
Nome oficial
Camaleño (es)
Situado en
Capital
OpenStreetMap
Mapas
Coordenadas
Poboación feminina
402
(2019)
Poboación masculina
534
(2019)
Superficie
161,8 km²
Altitude
400 m
Wikidata C:Commons
Os Picos de Europa desde Camaleño.
Vista dos Picos de Europa.
Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España ), na comarca de Liébana . Limita polo sur con Vega de Liébana , polo leste con Potes , polo norte e leste con Cillórigo de Liébana , polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano . Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.
As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría , a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa , ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.
Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe , e para a fabricación do augardente lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé .
Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana , un dos cinco lugares santos da cristiandade ; sendo unha Cidade Santa , por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo .
O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva , que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.
Areños , 53 hab. (2006, INE Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine . )
Argüébanes , 46 hab.
Bárcena , 18 hab.
Baró , 12 hab.
Beares , 4 hab.
Besoy , 8 hab.
Bodia , 10 hab.
Brez , 36 hab.
Camaleño (Capital), 46 hab.
Congarna , 15 hab.
Cosgaya , 47 hab.
Enterría , 1 hab.
Espinama , 128 hab.
La Frecha , 26 hab.
Fuente Dé , 7 hab.
Las Ilces , 12 hab.
Lon , 69 hab.
Los Llanos , 26 hab.
Llaves , 29 hab.
Mieses, Camaleño , 36 hab.
Mogrovejo , 46 hab.
La Molina , 18 hab.
Pembes , 68 hab.
Pido , 127 hab.
Quintana , 8 hab.
Redo , 14 hab.
San Pelayo , 21 hab.
Santo Toribio , 3 hab.
Sebrango , 10 hab.
Tanarrio , 30 hab.
Treviño , 10 hab.
Turieno , 98 hab.
Vallejo , 6 hab.
Tres son os bens de interese cultural deste municipio:
O Mosteiro de Santo Toribio de Liébana , en Santo Toribio , con categoría de monumento.
O lugar de Mogrovejo , con categoría de conxunto histórico.
A Ruta Lebaniega , que enlaza o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés, con categoría de "outros" e que afecta, ademais de a este municipio, aos de San Vicente de la Barquera , Val de San Vicente , Herrerías , Lamasón , Cillorigo de Liébana , Potes , Cabezón de Liébana e Vega de Liébana .
Cantidade de poboación Ano 930 960 990 1020 1050 1080 1110 1140 2000 2005 2010 2015 2020 2025 Camaleño Estatísticas de poboación Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata . Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata .
Juan Manuel Guerra García (PRC ), é o actual alcalde do municipio . As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007 .
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos
% Concelleiros
PP
362
42 %
4
PRC
352
40,84 %
4
PSOE
123
14,27 %
1
Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC ).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos
% Concelleiros
PP
340
40,52 %
4
PRC
335
39,93 %
4
PSOE
154
18,36 %
1
Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC ).